Unha vintena de persoas resultan feridas no choque na noite deste martes dun autobús cun cabalo en Oia. A maioría resultaron feridos leves e sete con “lesións de maior consideración”, segundo o 112, foron evacuados en ambulancias. A estrada, a PO-552 entre Baiona e A Guarda, adoita rexistrar accidentes con cabalos e outros animais soltos. Na imaxe, parroquia de Mougás na que ocorreu o accidente.
Fálase
16 medios de comunicación, entre eles Praza.gal, únense para encargar o maior inquérito sobre a monarquía española en catro décadas. A plataforma vén de activar un micromecenado para financiar a enquisa, que de saír adiante será o maior estudo sobre a opinión cidadá a respecto da Casa Real e o seu papel político.
O xornalista da TVG Alfonso Hermida dirixirá a área de Deportes do Concello da Coruña. Así o avanzou a nova concelleira deste ámbito, Mónica Martínez, incorporada ao Goberno municipal do PSdeG a pasada semana tras tres meses como non adscrita despois da súa baixa de C's. Cóntao La Opinión de A Coruña. Na imaxe, Hermida presentando a II Gala do Deportes da Coruña, o pasado decembro.
O alcalde de Ourense retira as competencias aos concelleiros de Infraestruturas e Servizos Xerais, Miguel Caride e Manuel Álvarez, ambos representantes de Democracia Ourensana no goberno bipartito co PP. Gonzalo Pérez Jácome alega "perda de confianza, falta de disposición para buscar solucións e baixa produtividade en infraestruturas". Ambos edís forman parte do grupo de 5 concelleiros de DO que piden a dimisión do rexedor e o denunciaron ante a Fiscalía.
O teléfono do ex-número 2 de Interior co PP implica á cúpula do partido na trama de espionaxe policial para protexer aos conservadores. Francisco Martínez, que foi secretario de Estado de Seguridade, conservou mensaxes que segundo Anticorrupción e o xuíz instrutor do caso apuntan aos ex-ministros Fernández e Cospedal como interesados en desactivar os riscos que puidera supoñer o ex-tesoureiro Luís Bárcenas. Para iso contarían coa axuda dunha unidade de “policía política”, revelada por eldiario.es en 2014.
O Goberno central pide á Fiscalía que investigue a relación do presidente de La Liga, Javier Tebas, co Fuenlabrada, segundo están a contar El País e eldiario.es
O filme galego 'Manoliño Nguema', distinguido como mellor documental no Festival de Cinema e Televisión Reino de León. O traballo, dirixido por Antonio Grunfeld e producido por Filmika Galaika e a ONG Waka films, coa colaboración de Agareso, narra a vida de Marcelo Ndong, artista de orixe ecuatoguineana que medrou na Cidade dos Muchachos.
O BNG propón retirar os retratos e distincións honoríficas de Juan Carlos I na Xunta e no Parlamento. "A súa actuación durante o exercicio da Xefatura do Estado e tras a súa renuncia á Coroa é incompatíbel coa ética e cos valores democráticos", defende o deputado Luís Bará, autor da iniciativa sobre o rei emérito.
Feijóo prescinde dos ata agora conselleiros de Sanidade e Educación no seu novo Goberno e fai vicepresidente segundo ao titular de Economía. AMPLIAMOS aquí a información.
Un incendio na Mezquita orixinado en Portugal supera as 130 hectáreas mentres que Medio Rural dá por controlados os dous incendios declarados o venres pola noite en Vilariño de Conso que suman unhas cen hectáreas. O Macizo Central leva varios días con sucesión de novos lumes. [Imaxe: @BrifLaza]