O teléfono do ex-número 2 de Interior co PP implica á cúpula do partido na trama de espionaxe policial para protexer aos conservadores. Francisco Martínez, que foi secretario de Estado de Seguridade, conservou mensaxes que segundo Anticorrupción e o xuíz instrutor do caso apuntan aos ex-ministros Fernández e Cospedal como interesados en desactivar os riscos que puidera supoñer o ex-tesoureiro Luís Bárcenas. Para iso contarían coa axuda dunha unidade de “policía política”, revelada por eldiario.es en 2014.
Fálase
O Goberno central pide á Fiscalía que investigue a relación do presidente de La Liga, Javier Tebas, co Fuenlabrada, segundo están a contar El País e eldiario.es
O filme galego 'Manoliño Nguema', distinguido como mellor documental no Festival de Cinema e Televisión Reino de León. O traballo, dirixido por Antonio Grunfeld e producido por Filmika Galaika e a ONG Waka films, coa colaboración de Agareso, narra a vida de Marcelo Ndong, artista de orixe ecuatoguineana que medrou na Cidade dos Muchachos.
O BNG propón retirar os retratos e distincións honoríficas de Juan Carlos I na Xunta e no Parlamento. "A súa actuación durante o exercicio da Xefatura do Estado e tras a súa renuncia á Coroa é incompatíbel coa ética e cos valores democráticos", defende o deputado Luís Bará, autor da iniciativa sobre o rei emérito.
Feijóo prescinde dos ata agora conselleiros de Sanidade e Educación no seu novo Goberno e fai vicepresidente segundo ao titular de Economía. AMPLIAMOS aquí a información.
Un incendio na Mezquita orixinado en Portugal supera as 130 hectáreas mentres que Medio Rural dá por controlados os dous incendios declarados o venres pola noite en Vilariño de Conso que suman unhas cen hectáreas. O Macizo Central leva varios días con sucesión de novos lumes. [Imaxe: @BrifLaza]
O BOE e o DOG deste venres publican o real decreto polo que se nomea presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo, elixido polo Parlamento de Galicia este xoves. A toma de posesión será este sábado no Parlamento.
Unha vez elixido presidente da Xunta polo Parlamento na tarde deste xoves, e tras dar conta ao Rei e ao presidente do Goberno central, Feijóo tomará posesión do cargo o sábado na mesma Cámara. As restricións polo coronavirus impiden desta volta unha celebración pública como as que houbo na praza do Obradoiro en 2009 e 2016 [na imaxe], tras suprimir a de 2012 pola crise.
🔴📺AO VIVO | Ás 11.45 horas retómase a sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Tras a exposición o martes do seu programa de goberno, este xoves será o momento da intervención dos grupos políticos e, pola tarde, a votación. A maioría absoluta do PP nas eleccións do 12 de xullo garante a súa reelección. Podes seguir a sesión en directo na web do Parlamento de Galicia.
O Ministerio de Transportes adxudica as obras do enlace orbital de Santiago na AP-9, anunciado no primeiro día da campaña das eleccións xerais de abril do pasado ano. Custará 19,1 millóns e permitirá enlazar directamente a AP-9, a autovía A-54 a Lugo e os polígonos do norte da cidade.