Un incendio na Mezquita orixinado en Portugal supera as 130 hectáreas mentres que Medio Rural dá por controlados os dous incendios declarados o venres pola noite en Vilariño de Conso que suman unhas cen hectáreas. O Macizo Central leva varios días con sucesión de novos lumes. [Imaxe: @BrifLaza]
Fálase
O BOE e o DOG deste venres publican o real decreto polo que se nomea presidente da Xunta a Alberto Núñez Feijóo, elixido polo Parlamento de Galicia este xoves. A toma de posesión será este sábado no Parlamento.
Unha vez elixido presidente da Xunta polo Parlamento na tarde deste xoves, e tras dar conta ao Rei e ao presidente do Goberno central, Feijóo tomará posesión do cargo o sábado na mesma Cámara. As restricións polo coronavirus impiden desta volta unha celebración pública como as que houbo na praza do Obradoiro en 2009 e 2016 [na imaxe], tras suprimir a de 2012 pola crise.
🔴📺AO VIVO | Ás 11.45 horas retómase a sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Tras a exposición o martes do seu programa de goberno, este xoves será o momento da intervención dos grupos políticos e, pola tarde, a votación. A maioría absoluta do PP nas eleccións do 12 de xullo garante a súa reelección. Podes seguir a sesión en directo na web do Parlamento de Galicia.
O Ministerio de Transportes adxudica as obras do enlace orbital de Santiago na AP-9, anunciado no primeiro día da campaña das eleccións xerais de abril do pasado ano. Custará 19,1 millóns e permitirá enlazar directamente a AP-9, a autovía A-54 a Lugo e os polígonos do norte da cidade.
O Rei visita a Comandancia Naval do Miño, en Tui, acompañado por Feijóo pero coa ausencia das alcaldesas e o alcalde do Rosal, Tomiño e As Neves, do BNG, que rexeitaron a invitación.
A Xunta estende a Santiago, Ourense, Santa Comba, Carballo e A Laracha as restricións de reunións e capacidade dos locais e o peche de residencias e centros de día polo coronavirus. AMPLIAMOS aquí a información.
A xuíza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco a súa devolución. O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda interposta polo Estado e declárao propietario do Pazo de Meirás, polo que condena á familia Franco á devolución do inmoble sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma ter incorrido para o mantemento da propiedade. AMPLIAMOS aquí a información.
A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, incorpora ao seu goberno á ex-concelleira de Ciudadanos Mónica Martínez, que deixou esa formación hai tres meses, e reestrutura as competencias de varios edís.
🔴📺AO VIVO | Ás 9.30 horas comeza a sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta coa defensa do seu programa de goberno. 48 horas despois, o xoves, os grupos parlamentarios expresarán a súa opinión e votarán. A maioría absoluta do PP nas eleccións do 12 de xullo garante a súa reelección. Podes seguir a sesión en directo na web do Parlamento de Galicia.