O Ministerio de Transportes adxudica as obras do enlace orbital de Santiago na AP-9, anunciado no primeiro día da campaña das eleccións xerais de abril do pasado ano. Custará 19,1 millóns e permitirá enlazar directamente a AP-9, a autovía A-54 a Lugo e os polígonos do norte da cidade.
Fálase
O Rei visita a Comandancia Naval do Miño, en Tui, acompañado por Feijóo pero coa ausencia das alcaldesas e o alcalde do Rosal, Tomiño e As Neves, do BNG, que rexeitaron a invitación.
A Xunta estende a Santiago, Ourense, Santa Comba, Carballo e A Laracha as restricións de reunións e capacidade dos locais e o peche de residencias e centros de día polo coronavirus. AMPLIAMOS aquí a información.
A xuíza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco a súa devolución. O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña estimou integramente a demanda interposta polo Estado e declárao propietario do Pazo de Meirás, polo que condena á familia Franco á devolución do inmoble sen ser indemnizada polos gastos nos que afirma ter incorrido para o mantemento da propiedade. AMPLIAMOS aquí a información.
A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, incorpora ao seu goberno á ex-concelleira de Ciudadanos Mónica Martínez, que deixou esa formación hai tres meses, e reestrutura as competencias de varios edís.
🔴📺AO VIVO | Ás 9.30 horas comeza a sesión de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta coa defensa do seu programa de goberno. 48 horas despois, o xoves, os grupos parlamentarios expresarán a súa opinión e votarán. A maioría absoluta do PP nas eleccións do 12 de xullo garante a súa reelección. Podes seguir a sesión en directo na web do Parlamento de Galicia.
Varios avistamentos de candorcas na costa galega levan a Salvamento Marítimo a lanzar unha advertencia pedindo a todas as embarcacións que eviten achegarse a elas. Está a contalo Pontevedraviva.com, que publicou un vídeo. Na imaxe, candorcas fotografadas en anos anteriores pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), un dos colectivos que vén documentando a presenza destes cetáceos na costa galega.
Morre aos 92 anos o presidente fundador do Breogán, José Ramón Varela-Portas, un dos responsables do nacemento do equipo en 1966.
O risco de incendios segue sendo extremo na maior parte de Ourense neste remate de agosto, coa época de perigo alto declarada ata o 30 de setembro.
As fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)