Chega setembro e A Mesa estrea o vídeo da canción de Magín Blanco Os meses do ano, a partir das ilustracións de Xulia Vicente para O tempo cronolóxico
Fálase
Cantos na Maré celebrará o seu 15 aniversario os días 13, 14 e 15 de setembro en Pontevedra cunha programación na que destacan Mayra Andrade, Enredadas, Clara Peya, Maria João, Antón Reixa, Bia Ferreira ou Assa Matusse, e que inclúe ducias de concertos no Teatro Principal, no Pazo da Cultura e na Praza da Pedreira
Seguridade Alimentaria activa unha alerta sanitaria por toxina botulínica no atún en aceite de xirasol de DIA. O produto, distribuído fóra de Galicia, foi elaborado en Frinsa del Noroeste S.A., con sede en Ribeira.
Defende A Galega mobilízase no #VenresNegro67CRTVG denunciando que "non hai avances" logo de 67 semanas de protesta. O persoal mobilizado advirte de que o verán nos medios públicos foi "de refritos, constantes redifusións, departamentos baleiros, programas fallidos e máis desmantelamento" e piden que a xente se "sume ao negro".
Falece Rosario Albán, fundadora do Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas na Universidade Federal da Bahia. A Asociación Internacional de Estudos Galegos amosou o seu "fondo pesar" nun comunicado.
A Garda Civil intercepta un condutor que non respectou as restricións por néboa na A-8 ao seu paso por Mondoñedo. A vía estivo pechada desde o mediodía deste xoves ata a mañá deste venres, cando seguiu con limitacións de velocidade por falta de visibilidade, unha situación que se produce en plena operación retorno de agosto.
A Xunta publica no DOG a autorización definitiva a Erimsa para extraer cuarzo dunhas 200 hectáreas de uso agrícola en Mesía. O permiso ambiental, avanzado hai dous meses por este diario, establece que a empresa só poderá explotar leiras cuxos propietarios llas aluguen de xeito voluntario e obriga a devolvelas “listas para o seu uso agrario” no ano seguinte.
Té con Gotas analiza de urxencia no seu podcast a suspensión do Parlamento no Reino Unido tras aceptar a raíña a petición de Boris Johnson.
A vicepresidenta do Goberno central, Carmen Calvo, saca peito no Congreso do traballo de Salvamento Marítimo para responder ás críticas polo Open Arms: “Axudaron a 50.000 persoas”. O responsable da ONG, entre outros, lamentara a demora do Goberno español en reaccionar.
O diario luso Público dedica un artigo á relación do portugués e o galego: “linguas irmás, ningunha submetida á outra”. O autor adianta a publicación futura dunha investigación que reivindica no país veciño a orixe galega do portugués.