O diario luso Público dedica un artigo á relación do portugués e o galego: “linguas irmás, ningunha submetida á outra”. O autor adianta a publicación futura dunha investigación que reivindica no país veciño a orixe galega do portugués.
Fálase
Estes venres día 30 e domingo día 1, coincidindo coa operación retorno de agosto, volve haber folga parcial de CGT en Renfe en reclamación de máis persoal. Os paros, como nas xornadas puntuais previas de xullo e agosto, serán entre as 12 e as 16 e entre as 20 e as 24 horas.
O disidente das FARC 'Iván Márquez', antigo número dous da guerrilla colombiana, anuncia que retoma as armas. Fixoo nun vídeo, acompañado doutros ex-dirixentes da organización, no que acusou o Goberno de incumprir o acordo de paz. Enrique Santiago foi clave naquelas negociacións.
Galicia En Común presenta no Congreso varias iniciativas para paralizar Reganosa despois de que o Supremo sentenciase hai un mes por quinta vez contra a planta. Tras a sentenza do alto tribunal, a pasada semana a empresa iniciou o proceso para intentar legalizarse de novo.
O Goberno do Reino Unido suspende as sesións no Parlamento para impedir que os deputados bloqueen un Brexit sen acordo. A raíña acepta a petición do primeiro ministro, Boris Johnson.
O persoal das contratas de R pide a implicación do Goberno galego para evitar a deslocalización de servizos e empregos. Nunha concentración ante a sede da Xunta na Coruña demandaron que o Executivo abra unha mesa de negociación entre todas as partes implicadas
O Concello da Coruña ameaza a concesionaria do tratamento de lixo con retirar á forza as 12.000 toneladas de residuos que acumula en Nostián. Advirte a Albada do "grave perigo" e "risco" deste amoreamento.
Vigo homenaxea no cemiterio de Pereiró a Martínez Garrido e Antela Conde, alcaldes da cidade e do hoxe integrado concello de Lavadores asasinados en 1936. Un cento de rexedores sufriron a represión tras o golpe do 36 e moitos deles acabaron asasinados.
Nace a plataforma 'Salvemos o Iribio' co obxectivo de "defender a serra courelá das instalacións eólicas". A entidade, composta inicialmente por unha vintena de colectivos, lembra que a lei prohíbe a instalación de novos parques eólicos en zonas de Rede Natura 2000.
Os veciños e veciñas de Ons celebraron esta fin de semana as súas festas patronais, reivindicando cambios no sistema de accesos establecido pola Xunta, que dificulta o día a día dos residentes no lugar.