Os veciños e veciñas de Ons celebraron esta fin de semana as súas festas patronais, reivindicando cambios no sistema de accesos establecido pola Xunta, que dificulta o día a día dos residentes no lugar.

Os veciños e veciñas de Ons celebraron esta fin de semana as súas festas patronais, reivindicando cambios no sistema de accesos establecido pola Xunta, que dificulta o día a día dos residentes no lugar.
Durante este luns Cantos na Maré ofrece a un prezo especial 100 abonos para o festival, que se celebrará en Pontevedra do 13 ao 15 de setembro. As entradas teñen hoxe unha redución do 40% sobre o prezo posterior. O evento anunciará este martes a súa programación, que incluirá 15 concertos de música de raíz e músicas urbanas procedentes de todo o planeta.
Persoal mobilizado da CRTVG reclama no #VenresNegro66CRTVG "unha tele e unha radio ao servizo do pobo, críticas, que non atendan as presións de ningún partido político nin grupo de poder". Os traballadores piden un consello de informativos "xa" na 66ª semana de protesta.
Malta permite desembarcar os 356 rescatados do 'Ocean Viking' logo de 14 días en alta mar. O primeiro ministro maltés anunciou a autorización.
O Goberno central traerá a España 15 rescatados do Open Arms no buque militar Audaz, o barco que zarpou media hora antes de que o fiscal ordenase o desembarco inmediato en Lampedusa.
Entre este venres día 23 e o próximo luns día 26 a DGT desaconsella empregar a A-8 para viaxar a Francia pola celebración en Biarritz dunha reunión do G-7.
O instituto BDRI alerta da importante presenza de plásticos nas augas das Rías Baixas, tanto na superficie coma a máis profundidade. A entidade, que percorreu 8.000 kilómetros da costa galega nos últimos dous anos, alerta dos prexuízos que estes residuos están a provocar na fauna mariña, como tamén fixo o CEMMA
O Goberno dos EUA anuncia unha norma para manter detidos a migrantes indocumentados de xeito indefinido. O plan permitirá manter retidas as familias inmigrantes e nenos indocumentados durante máis tempo do que establecen as regulacións actuais.
Persoal de R e das súas subcontratas concéntrase ante a sede da compañía na Agrela (A Coruña) para protestar "contra a deslocalización" e "pola defensa dos postos de traballo en Galicia". Foto: @LevanmeDeGaliza
A Fiscalía italiana ordena a incautación inmediata do Open Arms e o desembarco dos rescatados no porto de Lampedusa.