O Parlamento Europeo aproba definitivamente a saída do Reino Unido da UE por 621 votos a prol, 49 en contra e 13 abstencións. O Brexit será efectivo dende o 1 de febreiro.
Fálase
O Hospital Universitario da Coruña ampliarase na súa localización actual tras rexeitar a Xunta a opción de construír un novo recinto nos terreos da fábrica de armas. A operación ascenderá a uns 400 millóns de euros.
O Parlamento homenaxea por unanimidade as vítimas do Holocausto e, por segundo ano consecutivo, lembra explicitamente os "máis de 10.000 republicanos españois que terminaron deportados nos campos nazis pola colaboración do ditador Francisco Franco co nazismo alemán e o fascismo italiano", uns 200 deles galegos. A declaración institucional íntegra pódese consultar aquí. Na imaxe, homenaxe ás vítimas galegas do nazismo no Parlamento, en 2018.
Joaquim Torra dá por esgotada a lexislatura catalá e di que anunciará data de eleccións unha vez aprobados os Orzamentos da Generalitat
A Xunta non autoriza a reapertura da controvertida Mina de Touro-O Pino polo seu impacto ambiental, segundo vén de confirmar a Consellería de Medio Ambiente. Este proxecto suscitou unha forte mobilización veciñal en varias comarcas afectadas durante os últimos anos. Ampliamos toda a información, neste espazo de Praza.gal
Vilas e cidades galegas acolleron no serán do luns mobilizacións do movemento feminista en repulsa polo asasinato dunha veciña da Pastoriza, o pasado sábado, a mans do seu marido. A Marcha Mundial das Mulleres recompila imaxes das concentracións nunha galería do seu sitio web.
EPA | Galicia finalizou 2019 con 145.800 persoas no paro, segundo a Enquisa de Poboación Activa que vén de publicarse. Son 2.300 máis que no trimestre anterior, pero 3.200 menos que hai un ano. No mesmo trimestre as persoas a traballar en Galicia descenderon en 9.700, ata os 1,096 millóns, o que non obstante implica 7.900 persoas máis ocupadas que un ano antes. Ampliamos a información neste espazo
VÍDEO | Os 20 do XX. Capítulo 2 - As Irmandades da Fala. No seu segundo episodio, a serie de VINTE que nos leva pola sociedade galega dos anos vinte de hai un século afonda no nacemento das Irmandades da Fala e o seu desenvolvemento, debates e tirapuxas entre o culturalismo e a acción política co protagonismo de persoeiros como Lois Peña Novo, os irmáns Vilar Ponte, Vicente Risco ou Castelao. Podes velo aquí
A Mesa do Parlamento de Catalunya asume a perda da acta de deputado de Joaquim Torra tras os pronunciamentos da Xunta Electoral e do Tribunal Supremo. JxCat tamén constata a decisión, á que se opón e que non implica que Torra deixe de ser presidente da Generalitat.
Agarimo para Benedicta Sánchez no seu regreso a Galicia tras lograr o Goya á mellor actriz revelación pol'O que arde. Foi recibida entre aplausos ao chegar ao aeroporto compostelán de Lavacolla xunto ao equipo do filme de Óliver Laxe.