O cardeal arcebispo de Barcelona, novo presidente da Conferencia Episcopal Española. Juan José Omella, considerado próximo ás teses do Papa Francisco, imponse así sobre as preferencias do sector afín a Rouco Varela, máis conservador.

O cardeal arcebispo de Barcelona, novo presidente da Conferencia Episcopal Española. Juan José Omella, considerado próximo ás teses do Papa Francisco, imponse así sobre as preferencias do sector afín a Rouco Varela, máis conservador.
PARO REXISTRADO | As persoas rexistradas nas oficinas de emprego de Galicia descenderon en 1.526 en xaneiro, ata 166.229. Son 7.480 menos que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 5.848 persoas e queda en 1.012.354 persoas, 15.043 máis que en xaneiro de 2019. Consulta aquí a información
VÍDEO | Así se consolidou o cinema na Galicia dos anos 20 de hai cen anos. Descubrímolo nun novo capítulo d'Os 20 do XX, a serie de Antón Varela en VINTE. Podes ver o episodio íntegro aquí
O pleno de Santiago aproba os Orzamentos de 2020 cos votos a prol do PSdeG e a abstención de Compostela Aberta. As contas do consistorio compostelán roldan os 117 millóns de euros.
5A | A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, fai oficial a súa dimisión para encabezar a lista do PP por Lugo. Candia, que tamén renuncia ao escano na Deputación lucense, é substituída en funcións polo edil Ángel Otero, que se perfila como novo alcalde.
A circulación de trens está interrompida entre Monforte e León pola caída da catenaria nas proximidades da segunda cidade. A avaría produciuse na madrugada deste luns e Renfe está a habilitar un dispositivo de autobuses alternativos.
5A | Pablo Casado resta importancia ao pouco peso da marca do PP na precampaña do partido en Galicia porque "Feijóo é 100% PP" e "o que di é moi parecido ao que di Isabel Díaz Ayuso e iso é o importante". "Que despois dás un acento ou unha imaxe na que un galego se sente moi de Galicia? Fenomenal", reflexionou en declaracións a Telecinco.
Pablo Iglesias di ter "clarísimo" que o Goberno de España transferirá a AP-9 á Xunta. Son declaracións do vicepresidente segundo do Executivo central e líder de Podemos á TVG. A lei para o traspaso da autoestrada comezou a tramitarse no Congreso a finais de 2018 tras anos de bloqueo, pero as dúas eleccións xerais de 2019 demorárona. A transferencia está incluída no pacto de investidura do BNG co PSOE.
5A | Unha nova enquisa sitúa o PP no límite de perder a maioría absoluta en Galicia, pero abre a porta a que reteña o Goberno grazas a un escano de Vox para o que non identifica provincia. Segundo o inquérito de Sociométrica para El Español, o PSdeG medraría ata 6 escanos e o BNG aumentaría 3. Mentres, Galicia en Común -identificado na enquisa como Común da Esquerda-, sería cuarta forza con 8 escanos.
Falece aos 95 anos o sacerdote, poeta e activista Ernesto Cardenal, referente da Teoloxía da Liberación (Imaxe: Herbert Erwin, Dominio Público)