O Ministerio de Fomento abre hoxe o treito de Arzúa a Lavacolla da autovía Lugo-Santiago. Ao entrar en servizo en campaña non pode ser inaugurada cun acto oficial. Hai 20 anos que se inaugurou o primeiro treito da A-54, o Santiago-Lavacolla.

O Ministerio de Fomento abre hoxe o treito de Arzúa a Lavacolla da autovía Lugo-Santiago. Ao entrar en servizo en campaña non pode ser inaugurada cun acto oficial. Hai 20 anos que se inaugurou o primeiro treito da A-54, o Santiago-Lavacolla.
A Asociación Veciñal de Teis denuncia un ataque ao monólito en memoria dos represaliados e represaliadas durante a ditadura, colocado no parque da Guía, en Vigo. Foi inaugurado en 2008, a poucos metros do lugar onde foron asasinados os veciños do barrio Angela Iglesias Rebollar e José Niebla García. A entidade sinala que a agresión se produciu "hai semanas" e critica que o Concello aínda non o limpara
Vén de estrearse o videoclip 'O tempo meteorolóxico', realizado polo ilustrador Miguel Robledo a partir da canción de Magín Blanco, e que acompaña o libro do mesmo nome editado pola Mesa pola Normalización Lingüística. O volume axuda a identificar os fenómenos meteorolóxicos e o seu nome en galego.
Dende as 10 da mañá a TVG celebra o debate das principais forzas políticas galegas que concorren ás eleccións europeas e ao que tamén incorporan a Vox, que nos anteriores comicios comunitarios obtivo o 0,77% dos votos en Galicia. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
O Constitucional tomba o precepto legal que permitía aos partidos construír bases de datos coa ideoloxía da cidadanía para facer propaganda
Este mércores entrou en vigor a lei de rehabilitación de Galicia, que facilita as expropiacións unha década despois de que o PP axitara o medo en campaña electoral dicindo que “PSOE e BNG queren quedar coas túas terras”.
A ex-deputada do PP de Madrid ferida en Angrois pide o voto para Ana Miranda nas eleccións europeas. “Non son do BNG nin tampouco son galega, aínda que amo esta terra”, di nun vídeo Teresa Gómez-Limón, moi crítica coa actuación do seu antigo partido e do PSOE. E engade que “grazas a Ana Miranda, eurodeputada, as vítimas puidémonos sentir acompañadas”, en referencia ao traballo da nacionalista en Bruxelas como representante de feito dos afectados ante as institucións da UE, que ten aberto un procedemento de infracción contra España por seguridade ferroviaria e que foi clave na investigación xudicial na que está imputado un cargo de Adif ademais do maquinista.
Theresa May ofrece ao Parlamento británico votar a posibilidade dun segundo referendo sobre o Brexit. Vén de anuncialo no marco dun discurso sobre os seus plans para tentar desbloquear as negociacións sobre o plan para abandonar a UE.
A socialista Meritxell Batet, nova presidenta do Congreso en segunda votación por 175 votos a prol. Antes xa fora elixido o tamén membro do PSOE Manuel Cruz como novo presidente do Senado, no seu caso pola maioría absoluta coa que contan os socialistas nesa Cámara. Na imaxe, divulgada polo Congreso, Batet con Ana Pastor, á que sucede no cargo.
AO VIVO | En marcha a sesión constitutiva da XIII Lexislatura Estatal. O pleno do Congreso, en directo nesta ligazón