5A | A CRTVG propón celebrar un debate electoral "en horario de máxima audiencia" entre "as principais forzas políticas galegas" o día 23 de marzo, primeiro luns da campaña. A corporación pública sinala que agardará ao peche de candidaturas para especificar a que forzas políticas se refire. O último debate electoral en prime time que ofreceu a CRTVG foi o das eleccións galegas de 2016; nos seguintes comicios, optou por emitilos ás 10 da mañá.
