A gañadora do sorteo dunha fin de semana en Santa Maria da Feira organizado por Praza Pública e o Eixo Atlántico foi Laura M. Taibo. Parabéns!
Fálase
Unha concentración da CIG no treito do AVE no que morreu un obreiro hai dez días, o noveno desde o inicio das obras, reclama máis seguridade e mellores condicións laborais. O sindicato vén de divulgar unha sentenza que constata xornadas laborais de doce horas diarias seis días á semana.
O Tribunal Supremo recúa e deixa no aire se serán os bancos ou os clientes os que paguen o imposto das hipotecas. O alto tribunal deixa en mans do Pleno da Sala decidir se "dito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmado".
A Comisión Europea pide aclaracións e garantías sobre os orzamentos españois por carta por terceiro ano consecutivo. A UE ultima o escrito ao Goberno de Pedro Sánchez tras advertir o de Rajoy en 2017 e mais en 2016. Prevese que o Executivo comunitario non rexeite as contas en caso de seren aprobadas, algo que contempla facer con Italia.
O colectivo ultracatólico Abogados Cristianos asegura que un xulgado de Santiago admitiu a trámite a súa querela contra o actor Carlos Santiago polo pregón do Entroido compostelán.
O Congreso aproba co acordo de todos os grupos unha prórroga da comisión de investigación sobre Angrois por catro meses, tempo necesario para que declaren todos os comparecentes previstos e elaborar as súas conclusións. Este mércores compareceron os cargos de Adif e Renfe imputados na causa xudicial, que negaron recibir presións políticas ou comerciais.
O Resurrection Fest anuncia novos grupos para 2019 a uns días de que se produza un novo aumento do prezo dos abonos. Within Temptation, Cradle of Filth ou As I Lay Dying son algunhas das novas bandas confirmadas á espera de que o próximo martes anuncien un novo cabeza de cartel.
O Supremo establece que é o banco e non o cliente quen debe abonar o imposto das hipotecas. O alto tribunal rectifica a súa propia xurisprudencia.
O deán da Catedral de Santiago advirte de que será "complicado" visitala se seguen a aumentar os turistas. "Sinceramente, non lle vexo moita solución", afirma Segundo Pérez en declaracións que recolle Faro de Vigo.
Unanimidade do Congreso para pedir que a Filosofía volva ser obrigatoria no Bacharelato, acordo que xa se dera no Parlamento galego. Deixara de selo coa Lei Wert e a súa eliminación dera lugar a unha ampla mobilización de docentes, alumnado e formacións políticas.