A Xunta entregou este martes os Premios da Cultura Galega. As persoas e entidades galardoadas foron o proxecto Apego, Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía, Óliver Laxe, a Fundación Rosalía e Cristina Pato

A Xunta entregou este martes os Premios da Cultura Galega. As persoas e entidades galardoadas foron o proxecto Apego, Xohana Torres, Berta Álvarez Cáccamo, Mabel Rivera, Uxía, Óliver Laxe, a Fundación Rosalía e Cristina Pato
Cuentas ordena embargar a vivenda que Artur Mas puxo como fianza pola consulta do 9-N.
A cifra de mortes practicamente duplicou a de nacementos en Galicia no primeiro semestre do ano. De xaneiro a xuño morreron 16.812 persoas e naceron 8.870, un saldo vexetativo de -7.942 que é o peor no que vai de século e afonda na tendencia do primeiro trimestre e mais na dos últimos anos. En 2016 a fenda entre nacementos e mortes foi no país a maior dende que hai datos.
VÍDEO | Margarita Ledo, primeira muller galardoada co Premio Otero Pedrayo en 40 anos de historia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou á xornalista, escritora, cineasta, académica e profesora a concesión do premio xunto ao responsable de Cultura da institución provincial, que organiza por quenda rotatoria a edición do 2017.
Un arco de triunfo romano en Carpentras (Francia), de principios do século I d.C., pode gardar a primeira representación dun guerreiro galaico vencido. No monumento represéntanse catro figuras de prisioneiros e o catedrático da Universitat Rovira i Virgili Joaquín Ruiz de Arbulo sinala que un deles -de poboadas melena e barba e túnica grosa de la- correspondería a un nativo do noroeste, que Roma acababa de conquistar. Cóntao culturagalega.org
ERC sería a forza máis votada nas eleccións catalás nun escenario de difícil formación de goberno, segundo unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
Rajoy di que os traballadores do PP acusados de destruír os ordenadores de Bárcenas actuaron “como habitualmente se comporta a xente nunha circunstancia como esta”. Os discos duros foron borrados ata 35 veces e a xustiza acusa o PP de encubrimento e danos informáticos.
O nacionalismo corso logra unha ampla maioría absoluta nas eleccións rexionais, co 56,5% dos votos na segunda volta. A coalición de autonomistas e independentistas gobernará a illa.
Técnicos de Aragón entran no museo de Lleida para levar os bens de Sixena. Os Mossos cargan contra un grupo de manifestantes que intentou rachar o cordón policial
Os últimos datos da Xunta sinalan que a auga de Vigo, Moaña e Soutomaior é apta para o consumo, aínda que de calidade "baixa". O Goberno galego e o Concello de Vigo levan días nunha liorta pola potabilidade da auga e a responsabilidade dos problemas.