Barreras di adeus a un contrato de 300 millóns tras adxudicar Havila os cruceiros ao turco Tersan, tal e como conta Faro de Vigo.
Fálase
Abanca converterase no maior accionista do Deportivo ao converter en títulos 35 millóns de débeda. O club coruñés convocou unha xunta de accionistas para o 17 de marzo onde solicitará unha ampliación de capital de 70 millóns de euros e confirma as intencións manifestadas polo banco e a entidade deportiva en xaneiro.
Familias de alumnado do colexio apuntalado en Sarria entregan máis de 3.000 sinaturas "reclamando á Consellería información sobre o estado do centro", sinalan dende a plataforma constituída por pais e nais. Nos últimos días, as familias do Frei Luis de Granada subliñan que as instalacións ás que foi trasladado o alumnado "non cumpren coa normativa".
O Goberno central prevé aprobar no vindeiro Consello de Ministros a derrogación do despedimento por baixa médica. Así o avanzou este mércores a ministra de Traballo, Yolanda Díaz. O aval do Constitucional a esta medida da vixente lexislación laboral tivo especial impacto nos últimos meses en sectores como o do telemarketing. Na imaxe, Díaz na súa xuntanza deste mércores co director xeral da Organización Internacional do Traballo.
Seguridade Alimentaria activa unha alerta sanitaria por incumprimentos graves na fabricación de produtos lácteos de Casa Macán, con sede en Taboada (Lugo). Non se confirmou ningún caso asociado á alerta pero os produtos, entre eles varios queixos de denominacións de orixe galegas, están a ser retirados do mercado e recoméndase á cidadanía que poida ter algún na casa que o devolva ao punto de compra.
5A | Feijóo reitera a súa negativa á confluencia con Ciudadanos pero suxire a oferta de postos a membros dese partido nas listas do PP. "Se se pretende que votantes de Ciudadanos en masa voten ao PP con xente de Ciudadanos dentro do PP, estamos dispostos a falalo", dixo nunha entrevista na COPE que recolle eldiario.es
O Deportivo feminino logra unha cómoda vitoria no seu histórico debut na Copa da Raíña en Riazor impoñéndose ao Valencia cun 7-2 que as clasifica para os cuartos de final da competición. (Imaxe: RC Deportivo)
Rajoy e Aznar declararán como testemuñas no xuízo pola caixa B do PP, que a investigación do caso Gürtel deu por acreditada. O tribunal acepta a petición da acusación popular que exerce a asociación Adade.
5A | O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, evidencia que votará ao PP nas eleccións galegas. Un dos acordos de DO cos populares para formaren bipartito no consistorio ourensán foi que a formación de Jácome non concorrese aos comicios galegos. En 2016, DO presentouse e obtivo 7.723 votos.
5A | Feijóo ratifica ante a Xunta Directiva do PP galego que será candidato á presidencia da Xunta por cuarta vez. "Se o meu partido está disposto, eu estou disposto". Toda a información, hoxe en Praza.gal (Imaxe: PPdeG)