O Ministerio de Sanidade actualiza a estratexia de vacinación da COVID, incluíndo a vacina de Oxford-AstraZeneca e os novos grupos prioritarios. O documento íntegro pódese consultar aquí. Ata o pasado martes, recibiran as dúas doses da vacina en Galicia un total de 54.604 persoas e o Sergas levaba administradas 114.462 doses, o 76,5% das recibidas, segundo datos do Ministerio. Os da Consellería de Sanidade, pechados horas despois, indicaban que eran xa 114.783. Podes acceder nesta ligazón ao gráfico interactivo sobre a evolución da vacinación en Galicia.
