Salvador Illa xa é o president da Generalitat de Catalunya. O socialista resultou investido no Parlament con maioría absoluta (68 votos a favor e 66 en contra), grazas ao acordo con ERC, pero tamén contou co apoio dos Comúns. Finalmente, Carles Puigdemont non apareceu no hemiciclo –a pesar de presentarse en Barcelona na mañá deste xoves– e cando foi citado para votar resoaron os aplausos do grupo de Junts. [Imaxe CC-BY-SA TV3]
