Fernando Simón evita opinar sobre a data das eleccións galegas, que Feijóo quere en xullo, e di que desde o ministerio “pódense elaborar” normas para “situacións concretas” que impliquen mobilizacións cidadás como os comicios. “Non sei como se convocan, non sei se é o tribunal electoral ou quen o ten que facer”, di o director de Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade. (Imaxe: Fernando Puig de la Bellacasa / Goberno de España)
