Os territorios que quedaran na fase 0 do desconfinamento pasan á 1 agás Madrid, a área metropolitana de Barcelona -Catalunya non pedira avanzar nesa zona- e diversas áreas de Castilla y León, que si terán algunhas aperturas de sectores económicos. As illas de Canarias e Balears que pasaran directamente á fase 1 estarán de agora en diante na 2, segundo vén de sinalar o Goberno central. O Ministerio non tiña que abordar este venres ningunha petición de paso de fase a respecto de Galicia.
