Xunta e Concello de Santiago estudan abrir un novo proceso xudicial para recuperar as estatuas do Mestre Mateo, en propiedade dos Franco. Constituirán un grupo de traballo con expertos que analizarán a nova documentación achada sobre as pezas.

Xunta e Concello de Santiago estudan abrir un novo proceso xudicial para recuperar as estatuas do Mestre Mateo, en propiedade dos Franco. Constituirán un grupo de traballo con expertos que analizarán a nova documentación achada sobre as pezas.
Fontes da Casa Branca advirten de que o estado de saúde de Donald Trump é "moi preocupante" e que "as próximas 48 horas serán críticas". Varios medios alertan da contradición destas informacións co primeiro informe médico.
Colectivos de mulleres protestan contra a "exigua representación" feminina no Foro La Toja. "É imposible de xustificar, é claramente discriminatoria e en ningún caso reflicte a realidade plural da España que sofre as terribles consecuencias da Covid-19", di Xornalistas Galegas.
O Concello da Coruña cancela os orzamentos participativos. O goberno local xustifica a decisión na "situación de pandemia" e no atraso da execución de propostas de anteriores anos. A Marea Atlántica denuncia "outro incumprimento máis" do acordo de investidura.
A Xunta prohibe na cidade de Ourense as reunións de persoas que non convivan polo incremento de contaxios do coronavirus. Ampliamos a información neste espazo
O presidente do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, confirma que as eleccións catalás se celebrarán o 14 de febreiro. Así o vén de anunciar nunha entrevista con RAC1
O paro rexistrado descende en Galicia en 377 inscricións durante o mes de setembro, un descenso intermensual do 0,21 que é o menor de todas as comunidades autónomas e tamén menor que o dato estatal (-0,69%). O total queda en 176.574 persoas, 19.590 máis que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación á Seguridade Social descendeu en 995 persoas e queda en 1,01 millóns (-0,10%), 17.749 afiliacións menos que doce meses antes. Mentres a media estatal avanza un 0,45%. Ampliamos a información neste espazo
O presidente dos EUA, Donald Trump, confirma que el e mais a súa esposa, Melania Trump, deron positivo por coronavirus. No comezo da pandemia, o mandatario estadounidense amosou simpatías polas teses negacionistas da pandemia ou supostos remedios para a COVID-19 sen base científica.
Coincidindo co 89º aniversario da aprobación do dereito das mulleres ao voto no Estado Español, o Consello da Cultura Galega presenta a web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, coordinado por María Xosé Porteiro, que inclúe valiosos materiais históricos dos movementos feminista e LGTBI+ en Galicia.
A Axencia Tributaria publica un novo listado de persoas e empresas que deben máis dun millón de euros á Facenda estatal. Entre elas figuran varias compañías galegas e persoas a título individual ligadas con Galicia. O documento pódese consultar nesta ligazón.