A Xunta prohibe na cidade de Ourense as reunións de persoas que non convivan polo incremento de contaxios do coronavirus. Ampliamos a información neste espazo

A Xunta prohibe na cidade de Ourense as reunións de persoas que non convivan polo incremento de contaxios do coronavirus. Ampliamos a información neste espazo
O presidente do Parlament de Catalunya, Roger Torrent, confirma que as eleccións catalás se celebrarán o 14 de febreiro. Así o vén de anunciar nunha entrevista con RAC1
O paro rexistrado descende en Galicia en 377 inscricións durante o mes de setembro, un descenso intermensual do 0,21 que é o menor de todas as comunidades autónomas e tamén menor que o dato estatal (-0,69%). O total queda en 176.574 persoas, 19.590 máis que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación á Seguridade Social descendeu en 995 persoas e queda en 1,01 millóns (-0,10%), 17.749 afiliacións menos que doce meses antes. Mentres a media estatal avanza un 0,45%. Ampliamos a información neste espazo
O presidente dos EUA, Donald Trump, confirma que el e mais a súa esposa, Melania Trump, deron positivo por coronavirus. No comezo da pandemia, o mandatario estadounidense amosou simpatías polas teses negacionistas da pandemia ou supostos remedios para a COVID-19 sen base científica.
Coincidindo co 89º aniversario da aprobación do dereito das mulleres ao voto no Estado Español, o Consello da Cultura Galega presenta a web do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, coordinado por María Xosé Porteiro, que inclúe valiosos materiais históricos dos movementos feminista e LGTBI+ en Galicia.
A Axencia Tributaria publica un novo listado de persoas e empresas que deben máis dun millón de euros á Facenda estatal. Entre elas figuran varias compañías galegas e persoas a título individual ligadas con Galicia. O documento pódese consultar nesta ligazón.
O Consello Interterritorial de Saúde aproba as restricións para rebrotes da COVID-19 en cidades de máis de 100.000 habitantes promovidas polo Ministerio de Sanidade tras as negociacións coa Comunidad de Madrid, que votou en contra. Tamén a Xunta optou polo "non" por ver a proposta "incompleta" e sen "avais técnicos" para "adaptala á situación epidemiolóxica galega". Polo momento, todas as localidades que cumpren as condicións para a imposición desas medidas reforzadas están na propia comunidade madrileña.
Falece aos 88 anos o debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado, Quino, coñecido mundialmente por ser o creador de Mafalda, pero tamén autor doutros moitos personaxes e obras. Imaxe divulgada nas redes sociais oficiais de Quino.
O Concello da Coruña permite aos pubs da cidade mudar "temporalmente" a súa licenza (tipo II) por outra de cafetaría, bar ou café-bar (tipo I) para "paliar os efectos do peche do lecer nocturno" por mor da COVID-19. "Existen moitas familias na cidade que viven destes negocios que levan pechados meses polas restricións autonómicas e debemos facer algo para axudalos", sinala a alcaldesa, Inés Rey, sobre unha medida que durará, polo momento, ata o 31 de xaneiro. (Na imaxe, terrazas na rúa Santo André da cidade, durante a peonalización parcial que está a aplicar o consistorio).
Berta Dávila gaña o XIV Premio Repsol de Narrativa Breve coa obra 'Illa decepción', que publicará Galaxia. A autora vén de ser distinguida co Premio da Crítica na súa modalidade de narrativa por 'Carrusel'