O Concello da Coruña permite aos pubs da cidade mudar "temporalmente" a súa licenza (tipo II) por outra de cafetaría, bar ou café-bar (tipo I) para "paliar os efectos do peche do lecer nocturno" por mor da COVID-19. "Existen moitas familias na cidade que viven destes negocios que levan pechados meses polas restricións autonómicas e debemos facer algo para axudalos", sinala a alcaldesa, Inés Rey, sobre unha medida que durará, polo momento, ata o 31 de xaneiro. (Na imaxe, terrazas na rúa Santo André da cidade, durante a peonalización parcial que está a aplicar o consistorio).
