Enfermeiras eventuais volven concentrarse nos hospitais galegos "por unha sanidade pública de calidade" e "contra a precariedade". Un último estudo publicado advirte que máis dun terzo do persoal de enfermería é eventual.

Enfermeiras eventuais volven concentrarse nos hospitais galegos "por unha sanidade pública de calidade" e "contra a precariedade". Un último estudo publicado advirte que máis dun terzo do persoal de enfermería é eventual.
As auxiliares admiten todos os despedidos e o persoal pon fin á folga no naval en Ferrol logo de tres semanas. A UTE Tecman-Rayma e o comité alcanzan un acordo para a readmisión dos sete traballadores
O que arde chega hoxe ás salas comerciais. O filme de Oliver Laxe estréase finalmente nunha vintena de cinemas galegos e nun total de 49 en todo o Estado
A Xunta publica no DOG os dez domingos e festivos nos que poderán abrir os establecementos comerciais durante 2020. O primeiro será o 5 de xaneiro.
Os líderes independentistas cataláns xulgados no Supremo serán condenados por sedición pero non por rebelión, segundo fontes xudiciais que citan este venres os xornais Ara e El País. O vindeiro luns, día 14, cobra forza como data na que será coñecida a sentenza.
O promedio das enquisas electorais para as xerais do 10N segue a augurar unha caída do PSOE e un forte ascenso do PP, se ben o bloque de dereitas seguiría sen sumar maioría de goberno. É unha proxección que ofrece eldiario.es
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aproba por unanimidade a súa nova executiva. Na presidencia continúa o alcalde de Nigrán, Juan González, e a vicepresidencia é para Ana Breixo, edil de San Sadurniño. Na nova directiva intégranse tamén os concellos de Cartelle, Oleiros, Santiago, Ames e Moraña, a Deputación de Lugo e o Igadi.
O Supremo levanta o último obstáculo para a exhumación de Franco e autoriza ao Goberno central a sacar xa os seus restos
Olga Tokarczuk e Peter Handke, premios Nobel de Literatura. A autora e psicóloga polaca recibe o galardón correspondente a 2018 e o dramaturgo austríaco, o que tocaría este ano.
Quince anpas da Coruña mobilízanse ante a sede da Xunta contra os recortes en persoal de apoio para alumnado con diversidade en varios colexios da cidade, entre eles o central Labaca. Foto: Marea Atlántica