O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade aproba por unanimidade a súa nova executiva. Na presidencia continúa o alcalde de Nigrán, Juan González, e a vicepresidencia é para Ana Breixo, edil de San Sadurniño. Na nova directiva intégranse tamén os concellos de Cartelle, Oleiros, Santiago, Ames e Moraña, a Deputación de Lugo e o Igadi.
