Comeza en Lugo a manifestación do feminismo galego, baixo o lema Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista. e que anticipa a gran mobilización do 8 de marzo. Este é o manifesto que se lerá ao remate da marcha
Fálase
Ana Peleteiro, campiona de Europa de Triplo Salto con 14.73 metros. A galega, nacida en Ribeira, acada no Campionato en Pista Cuberta de Glasgow, tamén o récord de España e terceira mellor marca mundial do ano. O pasado ano foi bronce no Campionato de Europa e no Campionato do Mundo en pista cuberta
Fortes ventos do sur, que superarán os 100 km/h na Mariña e os 70 km/h na costa coruñesa, activan a alerta laranxa no litoral este domingo, e alerta amarela no interior de Pontevedra e A Coruña. Nos ceos haberá nubes e claros pola mañá, coa posibilidade dalgunha chuvia esporádica. Pola tarde as chuvias chegarán a todo o país.
Ás 22 horas comeza a Gala dos Premios Mestre Mateo, que se poderá seguir en directo na TVG e en twitter coa etiqueta #MestreMateo19. Podes ler aquí a quiniela de Vinte para os premios do audiovisual galego.
O himno galego, cantado por Uxía, abriu o Obradoiro-Breogán da xornada 21 da Liga Endesa de baloncesto, que rematou con vitoria para os composteláns (75-73)
Pablo Casado comprométese en Ferrol a que se cumprirán os pedidos de fragatas da serie F-110 se é elixido Presidente. O Goberno de Mariano Rajoy bloqueou durante anos a construción destas fragatas co obxectivo de adaptalas aos mísiles da empresa do ex-ministro Morenés. O Executivo de Pedro Sánchez deu luz verde ao encargo en decembro
As elevadas temperaturas adiantan un mes o período de actividade da avespa asiática. A Asociación Galega de Apicultores recomenda colocar trampas preto de camelias e árbores exóticas. A Plataforma Stop Velutina leva anos reclamando unha acción máis decidida por parte da Xunta.
O Goberno central aproba por decreto aumentar os permisos por paternidade. Segundo o aprobado, que debe ser convalidado no Congreso para continuar en vigor, o permiso estenderase a 8 semanas xa este ano, a 12 en 2020 e ata as 16 semanas en 2021.
O DOG publica este venres o decreto que regula a Risga, desenvolvendo a Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia. O decreto chega con case cinco anos de atraso, despois de que a Xunta iniciara a súa tramitación a comezos do pasado ano e de que Beatriz Mato e José Manuel Rey Varela abandonaran a Consellería de Política Social sen ter conseguido a súa aprobación.
"O seu lazo, señor presidente". O BNG bota man de declaracións de Casado e Feijóo sobre as mulleres e o feminismo para animar a secundar as mobilizacións do 8M. A formación presentou hoxe a súa campaña para esta xornada reivindicativa.