O Goberno central medita volver decretar o estado de alarma se os brotes se agravan. A vicepresidenta Carmen Calvo advirte de que o Executivo será "contundente para protexer a saúde".
Fálase
12X | Correos fai chegar dende hoxe a documentación ao electorado que xa solicitou o voto por correo nas eleccións galegas. O prazo para solicitalo está aberto ata o día 2 de xulllo.
Verín, convertido nun autocine, acolleu este domingo a proxección de María Solinha, a última película de Ignacio Vilar, estreada nos últimos días ao aire libre en Redondela e Cangas. Este verán os autocines viaxarán por un gran número de localidades de toda Galicia como unha medida para previr contaxios de coronavirus.
O alcalde de Ribadeo celebra cos seus homólogos da Veiga (Vegadeo) e Castropol a reapertura do paso na linde entre Galicia e Asturias dende este domingo pola fin do estado de alarma polo coronavirus tamén en territorio asturiano. "Por fin os da Mariña podemos ir ao Occidente e viceversa, sigamos mantendo as precaucións e actuemos con xeito, non vaia ser o demo que teñamos que volvernos separar", afirmou Fernando Suárez (BNG). Na imaxe, con César Álvarez, rexedor da Veiga.
Varias enquisas outorgan o PP a maioría absoluta o 12X. A de La Región estima entre 39 e 43 escanos para os populares e unha cómoda segunda posición para o PSdeG, mentres que na de Sondaxe para La Voz de Galicia, a formación conservadora roldaría os 40 deputados.
A Xunta advirte da chegada de persoas infectadas de coronavirus desde o estranxeiro e pide ao Goberno central "información".
Feijóo anuncia o reparto dun bono da Xunta de "ata 250 euros para o consumo de produtos turísticos" entre persoal sanitario e dos servizos sociais. O anuncio, que chega a unha semana do inicio da campaña electoral, é encadrado polo aspirante á reelección polo PP na intención de "reactivar" a economía e "recoñecer o esforzo" do persoal que traballou no dispositivo fronte á covid-19.
O TSXG ratifica a condena por asasinato e agresión sexual no caso Diana Quer. O tribunal mantén invariable a sentenza que o pasado novembro condenou a prisión permanente revisable a José Enrique Abuín, alias o Chicle, na que non se vía probada a violación.
O Consello da Xunta propón os festivos de ámbito galego do calendario laboral de 2021. Entres os habituais non figura o Día Nacional de Galicia por cadrar en domingo.
As Medallas Castelao deste ano serán para a deportista Ana Peleteiro, o grupo musical A Roda, as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, a xornalista Pilar Cernuda e o presentador Xosé Manuel Piñeiro. Así o vén de aprobar o Consello da Xunta (Imaxe: RFEA)