Sánchez e Iglesias manteñen o primeiro encontro cara á investidura e din concordar en abordar a conformación dun "goberno de cooperación" con apoio de PSOE e Podemos. Polo momento, afirman, "non se falou de nomes" para os ministerios.
Fálase
PSdeG e Marea Atlántica manteñen este mediodía a primeira xuntanza sobre a configuración do vindeiro goberno local da Coruña. Marea Atlántica xa ratificou a pasada semana que votará a prol da investidura da socialista Inés Rey, sinalando as negociacións que agora comezan como horizonte para decidir a súa postura sobre o resto do mandato.
Atopan en Cova Eirós un recipiente cerámico con orixe nos momentos iniciais do Neolítico, hai uns 6.000 anos, unha etapa aínda escasamente representada na Prehistoria galega. O estilo da peza permite relacionala con conxuntos oleiros do sur de Portugal. A cova confírmase como o xacemento prehistórico máis importante de Galicia, trala descuberta hai dous anos de valiosas pinturas rupestres
O xuíz accede á petición do PP e da Fiscalía e non permitirá retransmitir en directo o xuízo pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas.
O BNG de Santiago declina a posibilidade de integrarse no goberno do socialista Xosé Sánchez Bugallo. A formación considera que "non se dan as condicións" para este acordo porque, entre outros aspectos, ambas forzas non suman maioría absoluta e o PSdeG local desbotou ampliar o ofrecemento a Compostela Aberta. O Bloque mantense aberto ao "diálogo" e acordos puntuais, agregan.
Desde hai un tempo as muiñeiras, as xotas, as polcas ou os pasodobres teñen o seu espazo de aprendizaxe en Youtube. VINTE afonda na canle TradiGaita, do gaiteiro Diego Prieto e Un punto ao día, do bailador Luís Prego.
Conversas do xuíz que encarcerou a Lula da Silva amosan como manobrou para prexudicalo electoralmente e poñen en cuestión a investigación contra o ex-presidente. É unha exclusiva de The Intercept. O xuíz Moro foi nomeado ministro por Bolsonaro tras a súa vitoria electoral.
40 embarcacións participaron este sábado na protesta convocada pola plataforma SOS Ría de Pontevedra, en demanda dunha ría limpa de contaminación, coincidindo co Día dos Océanos.
O Dépor xogará os play-off de ascenso a Primeira División. Derrotou o Córdoba (2-0) e enfrontarase este mércores ao Málaga en Riazor buscando chegar á eliminatoria final
O Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE aproba unha resolución para apoiar gobernos progresistas en todos os concellos onde se poida constituír unha maioría alternativa ao PP. Gonzalo Caballero anuncia “a oposición máis sólida e contundente” para “construír a mellor alternativa” a Feijóo. Ana Pontón tamén anticipa que onde o PP non teña maioría, o BNG "actuará con responsabilidade" para evitar gobernos de dereitas.