Carballo opta xunto a outros 17 municipios europeos ao premio Folla Verde Europea (European Green Leaf 2021), co que a Comisión Europea distingue as mellores prácticas ambientais de localidades de 20.000 a 100.000 habitantes. Para outorgalo, o xurado avalía a xestión en materia de cambio climático e eficiencia enerxética, mobilidade, calidade do aire ou augas, entre outros. A decisión final coñecerase o vindeiro xuño en Lisboa.
Fálase
O que arde, de Oliver Laxe, suma un novo galardón inernacional co premio do xurado do Hainan International Film Festival, na China
VÍDEO | Mañá comeza en Galicia a vacinación ampliada fronte á Meninxite C. Neste vídeo de Concienciadas, a nosa sección de divulgación científica, Iria Veiga e Javier Balea explícannos como funcionan as vacinas.
Na Fonsagrada aínda se fabrican navallas. O gandeiro e artesán Avelino Fernández mantén viva esta tradición, moi presente noutros municipios da contorna, e explícao neste vídeo. (Imaxe: Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo).
O socialista Alfredo Llano é reelixido alcalde de Burela cos votos a prol do PSdeG. Este sábado celebrouse a constitución da corporación municipal burelá, que tivo que atrasarse pola repetición, o pasado novembro, dos comicios do 26M nunha mesa electoral por orde xudicial. Os socialistas continúan as negociacións co BNG á procura dun posible pacto de goberno. (Imaxe: PSdeG)
'Currante'. Rap desde Lugo para reivindicar o traballo migrante. VINTE achégase ás músicas do rapeiro Omni Viktor, que vén de lanzar un videoclip gravado cos seus compatriotas no barrio lucense da Milagrosa.
Unha multitudinaria Marcha polo Clima ateiga as rúas de Madrid baixo o lema "o mundo espertou". Na manifestación, alternativa ao cumio da ONU, participa tamén o Movemento Galego polo Clima, que xa mobilizou milleiros de persoas no país hai dous meses.
O persoal mobilizado da CRTVG pide á sociedade que se "implique" e reclame "uns medios públicos mellores" no 81º venres negro. "Non che gusta a información que ves sobre sanidade, sobre o paro, sobre protestas veciñais? Bérrao", di Defende A Galega, que reclama o cumprimento dunha lei de medios que leva máis de oito anos de atraso.
Galicia súmase ao canto contra o machismo das mulleres chilenas. Colectivos feministas levan a cabo a coreografía e cantan o tema que se espalla por todas as mobilizacións femininas na Coruña ou en Pontevedra.
O BNG rodea cunha cadea humana o Museo do Pobo Galego en defensa da autodeterminación nun acto simbólico co gallo do aniversario da Constitución española. Máis información, hoxe en Praza.gal.