A Xunta decidiu intervir o fogar residencial El Pinar (Culleredo) tralo incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado este sábado: 21 infeccións entre os usuarios e 7 entre o persoal
Fálase
As e os 9 activistas da Casa Cornide serán xulgados o vindeiro 14 de outubro na Coruña. O 26 de setembro do ano 2017 un grupo de militantes do BNG despregou unha faixa no balcón do inmoble, ocupado polos herdeiros do ditador Francisco Franco, que na actualidade están tentando vendelo.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey responde ao Goberno da Cidade de Ceuta que a estatua de Millán Astray "non se moverá" do almacén no que foi depositada "e moito menos para incumprir a Lei da Memoria Histórica”. "A Lei é igual para todos", salienta a rexedora, despois de que Ceuta solicitase a cesión da efixie para exhibila nos actos de conmemoración do centenario da Lexión.
A festa histórica A Bela Auria celebrou en Ourense o centenario da revista Nós, regresando por unhas horas aos inicios do século pasado. A pesar da chuvia, medio milleiro de persoas participaron nas distintas actividades organizadas na cidade.
O BNG celebrou o seu primeiro Consello Nacional da nova lexislatura autonómica, no que acordou condicionar o seu apoio aos orzamentos do Estado a que "recollan en cifras o cumprimento do acordo de investidura". Ana Pontón anima a “ampliar a base social” do nacionalismo aproveitando o “caudal de ilusión, confianza e de apoio” obtido nas últimas eleccións ao Parlamento galego
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, vén de poñerse en corentena por mor dun contacto cun positivo por coronavirus na súa contorna persoal, segundo el mesmo informou a través da súa conta de twitter. Ademais, sinala que realizou unha proba PCR, que deu un resultado negativo.
A Xunta establece no DOG que cando o deporte federado supoña contacto físico “deberá utilizarse a máscara, salvo que no protocolo respectivo [de cada federación] se inclúan medidas alternativas de protección específicas”.
Traballadores e traballadoras de espectáculos e eventos levan a cabo este xoves unha protesta con actos en varias cidades, entre elas Compostela, ás 20:30 horas na Praza do Obradoiro. O obxectivo desta #alertavermella é "dar visibilidade á delicada situación provocada pola crise sanitaria" e reclamar do Goberno a adopción de "medidas urxentes" para axudar á supervivencia do sector. AMPLIAMOS aquí a información.
Feijóo remuda as cúpulas de Sanidade e Política Social e as delegacións territoriais da Xunta. O novo xerente do Sergas será José Flores, ata agora xerente do servizo 061 de urxencias. En Vigo, a delegación que máis mudou durante os gobernos de Feijóo, a nova responsables será a ata agora directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias. Ampliamos a información neste espazo
A Xunta fai oficial no DOG a posteriori o adiamento do inicio do curso en secundaria e FP. As clases debían comezar este mércores 16, pero malia que o Goberno galego anunciou o pasado venres 11 que se adiarían ata o 23, non foi ata este xoves 17 que publicou a Orde oficial, na que se sinalan as novas medidas de seguridade xa avanzadas. Ampliamos a información neste espazo