A festa histórica A Bela Auria celebrou en Ourense o centenario da revista Nós, regresando por unhas horas aos inicios do século pasado. A pesar da chuvia, medio milleiro de persoas participaron nas distintas actividades organizadas na cidade.

A festa histórica A Bela Auria celebrou en Ourense o centenario da revista Nós, regresando por unhas horas aos inicios do século pasado. A pesar da chuvia, medio milleiro de persoas participaron nas distintas actividades organizadas na cidade.
O BNG celebrou o seu primeiro Consello Nacional da nova lexislatura autonómica, no que acordou condicionar o seu apoio aos orzamentos do Estado a que "recollan en cifras o cumprimento do acordo de investidura". Ana Pontón anima a “ampliar a base social” do nacionalismo aproveitando o “caudal de ilusión, confianza e de apoio” obtido nas últimas eleccións ao Parlamento galego
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, vén de poñerse en corentena por mor dun contacto cun positivo por coronavirus na súa contorna persoal, segundo el mesmo informou a través da súa conta de twitter. Ademais, sinala que realizou unha proba PCR, que deu un resultado negativo.
A Xunta establece no DOG que cando o deporte federado supoña contacto físico “deberá utilizarse a máscara, salvo que no protocolo respectivo [de cada federación] se inclúan medidas alternativas de protección específicas”.
Traballadores e traballadoras de espectáculos e eventos levan a cabo este xoves unha protesta con actos en varias cidades, entre elas Compostela, ás 20:30 horas na Praza do Obradoiro. O obxectivo desta #alertavermella é "dar visibilidade á delicada situación provocada pola crise sanitaria" e reclamar do Goberno a adopción de "medidas urxentes" para axudar á supervivencia do sector. AMPLIAMOS aquí a información.
Feijóo remuda as cúpulas de Sanidade e Política Social e as delegacións territoriais da Xunta. O novo xerente do Sergas será José Flores, ata agora xerente do servizo 061 de urxencias. En Vigo, a delegación que máis mudou durante os gobernos de Feijóo, a nova responsables será a ata agora directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias. Ampliamos a información neste espazo
A Xunta fai oficial no DOG a posteriori o adiamento do inicio do curso en secundaria e FP. As clases debían comezar este mércores 16, pero malia que o Goberno galego anunciou o pasado venres 11 que se adiarían ata o 23, non foi ata este xoves 17 que publicou a Orde oficial, na que se sinalan as novas medidas de seguridade xa avanzadas. Ampliamos a información neste espazo
Centos de persoas participan en toda Galicia nas concentracións convocadas por CIG-Ensino, CCOO, STEG e CSIF para reclamar "unha volta segura" aos centros educativos. As mobilizacións contan tamén co apoio de Anpas Galegas e Confapa e de organizacións do estudantado.
Coincidindo co inicio da Semana Europea da Mobilidade, Ecoloxistas en Acción estrea na rede un documental que, co título 'A Cidade que queremos', destaca as políticas de limitación do espazo reservado para os coches e o exemplo de Pontevedra, referente internacional de "cidade peonil libre de ruídos e fumes" e "cidade amable para a convivencia"
Aparece un obús durante os traballos de extinción dun incendio forestal en Montederramo. Revelouno a Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galiza (Imaxe: Aprafoga)