A Xunta dá por “estabilizado”, que non controlado, o incendio da Pobra do Caramiñal cunha estimación dunhas 60 hectáreas. Na súa extinción están participando medios de toda Galicia e tamén estatais. A imaxe do incendio é de @BrifLaza.
Fálase
Un incendio na Pobra do Caramiñal afecta xa a máis de 20 hectáreas, superficie mínima a partir da que informa a Xunta. Este venres outros dous lumes de menores dimensións foron controlados en Santiago e Quiroga, este último na imaxe de @BrifLaza.
Un incendio forestal afecta a unha zona arborizada da contorna de Vidán, en Santiago, nas proximidades do Campus sur da USC e mais do Hospital Clínico. Helicópteros contra incendios e un hidroavión, así como efectivos dos Bombeiros, tentan controlar o lume nunha tarde na que os refachos de vento contribúen ao seu avance. (Imaxe: Praza Pública / Cedida)
12X | A Xunta comunica en vésperas das eleccións por carta e teléfono a centos de gandeiros que recibirán axudas para previr danos da fauna salvaxe que lles foran denegadas hai apenas un mes por falta de orzamento. Cóntao Campo Galego Na imaxe, de arquivo, Feijóo e o actual conselleiro do Medio Rural.
Juan Carlos de Borbón retirou 100.000 euros ao mes en billetes dunha conta en Suíza entre 2008 e 2012, aínda sendo xefe do Estado, segundo publica este venres El Confidencial
A Xunta publica a orde para a reapertura dos centros de día no último DOG antes das eleccións do 12X. Política Social aclara que se reactivarán "a partir do 15 de xullo" e unha vez que Sanidade lles aprobe os plans de continxencia. Galicia é a última comunidade en abrir estes espazos. logo de dous meses de conflito e protestas de profesionais e persoas usuarias.
Os xulgados de Santiago retoman este venres a denuncia de borrado de datos do Alvia de Angrois tras varios adiamentos. Ás portas do xulgado, vítimas do accidente volven reclamar xustiza e tamén reiteran a súa petición de investigación independente sobre o acontecido.
12X | Pablo Casado erixe a Feijóo en "vacina fronte á inestabilidade" do que denomina como "mexunxe de populistas e radicais". O líder do PP afirmouno nunha visita de campaña pola ría de Arousa. (Foto: PP)
A galega Nadia Calviño non presidirá o Eurogrupo. A ministra de Economía perde a batalla fronte ao candidato irlandés, Paschal Donohoe. Foto: @mariofcenteno.
O Goberno de España rectifica e volve prever a restrición da publicidade de apostas, que só poderá ser de madrugada e estará vetada nas camisolas dos equipos deportivos.