Juan Carlos de Borbón retirou 100.000 euros ao mes en billetes dunha conta en Suíza entre 2008 e 2012, aínda sendo xefe do Estado, segundo publica este venres El Confidencial
Fálase
A Xunta publica a orde para a reapertura dos centros de día no último DOG antes das eleccións do 12X. Política Social aclara que se reactivarán "a partir do 15 de xullo" e unha vez que Sanidade lles aprobe os plans de continxencia. Galicia é a última comunidade en abrir estes espazos. logo de dous meses de conflito e protestas de profesionais e persoas usuarias.
Os xulgados de Santiago retoman este venres a denuncia de borrado de datos do Alvia de Angrois tras varios adiamentos. Ás portas do xulgado, vítimas do accidente volven reclamar xustiza e tamén reiteran a súa petición de investigación independente sobre o acontecido.
12X | Pablo Casado erixe a Feijóo en "vacina fronte á inestabilidade" do que denomina como "mexunxe de populistas e radicais". O líder do PP afirmouno nunha visita de campaña pola ría de Arousa. (Foto: PP)
A galega Nadia Calviño non presidirá o Eurogrupo. A ministra de Economía perde a batalla fronte ao candidato irlandés, Paschal Donohoe. Foto: @mariofcenteno.
O Goberno de España rectifica e volve prever a restrición da publicidade de apostas, que só poderá ser de madrugada e estará vetada nas camisolas dos equipos deportivos.
Marcial Dorado accede ao terceiro grao penitenciario. Dorado, condenado por narcotráfico e branqueo de capitais, está a piques de acadar o cumprimento das tres cuartas partes da súa condena. O contrabandista, ata agora preso na cadea de Teixeiro, pasará a estar supervisado por un centro da Coruña. Cóntao eldiario.es e adiantouno Voz Pópuli
12X | Un total de 63.266 persoas xa remitiron o seu voto por correo para as eleccións galegas, segundo datos de Correos. Este dato provisional implica un incremento superior aos 20.000 sufraxios con relación aos comicios de hai catro anos, cando chegaran algo máis de 40.000 votos. 76.907 persoas solicitaron votar por esta vía. O prazo para remitir o voto remata mañá, venres, ás dúas da tarde.
Alcoa traslada a súa disposición a ampliar o período de consultas do ERE en San Cibrao. A Xunta volve acusar o Goberno central de "insensible e irresponsable".
A Xeración Nós e textos de Eli Ríos n'O ceo das Reixas e mais de Marcos Pérez Pena en Praza.gal, entre os contidos da segunda xornada da selectividade en Galicia. O desenvolvemento dos exames segue a estar marcado polas precaucións para evitar contaxios do coronavirus.