Alcoa traslada a súa disposición a ampliar o período de consultas do ERE en San Cibrao. A Xunta volve acusar o Goberno central de "insensible e irresponsable".

Alcoa traslada a súa disposición a ampliar o período de consultas do ERE en San Cibrao. A Xunta volve acusar o Goberno central de "insensible e irresponsable".
A Xeración Nós e textos de Eli Ríos n'O ceo das Reixas e mais de Marcos Pérez Pena en Praza.gal, entre os contidos da segunda xornada da selectividade en Galicia. O desenvolvemento dos exames segue a estar marcado polas precaucións para evitar contaxios do coronavirus.
Peritos insisten en que o Pazo de Meirás non foi dado a título particular: "A diferenza entre Franco e o Estado é cero". Historiadores e expertos en Dereito ratifican que as Torres non eran unha propiedade privada durante a terceira xornada do xuízo na Coruña.
A Mesa lamenta a "exclusión" do galego na formación para persoal dos centros de día e o uso na documentación da expresión "Junta de Galicia" que, como informou Praza.gal, xa fora advertida por responsables destes centros.
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, sinala os brotes de coronavirus do Segrià en Catalunya e o da Mariña como "os que máis preocupan" no seu departamento neste momento. Afirmouno nunha entrevista con Catalunya Ràdio
12X | Feijóo secunda a tese de que o Goberno de España adiou o confinamento polo coronavirus porque "lles interesaba que se enchesen as manifestacións do 8M", xornada na que defende que o virus "estaba circulando polas rúas". O candidato do PP á reelección afirmouno nun mitin en Ames do que informa eldiario.es
O Consello de Ministros acordou este martes a extensión ata o 30 de setembro das medidas de protección dos colectivos máis vulnerables, manténdose a moratoria hipotecaria, a prórroga dos contratos de alugueiro ou a prohibición de realizar cortes de auga e luz
Este martes 14.500 alumnos e alumnas comezaron en Galicia as probas da ABAU, que rematarán o xoves. Fixérono con medidas de seguridade para impedir posibles contaxios de coronavirus, especialmente en Viveiro, onde 300 estudantes realizaron os exames con medidas de prevención reforzadas por mor do brote que afecta á Mariña.
O ministro de Agricultura de Indonesia, criticado por expertos sanitarios por recomendar colares feitos con eucalipto como medida de prevención ante o coronavirus. Syahrul Yasin Limpo defende que levando o colar durante 30 minutos elimínase o 80% do virus. O remedio, ideado por unha axencia ministerial, será producido en masa polo Goberno, anunciou.
12X | A Xunta Electoral de Galicia resolve que "non lle corresponde pronunciarse sobre a suspensión das eleccións na Mariña Lucense" por mor do brote do coronavirus. "Mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con normalidade (...) non entende afectadas as condicións do proceso electoral, a salvo do que poida acordarse, se é o caso, polas autoridades sanitarias", indica en resposta a unha consulta formulada por Marea Galeguista. Consulta a resolución íntegra nesta ligazón e amplía información neste espazo.