A Mesa lamenta a "exclusión" do galego na formación para persoal dos centros de día e o uso na documentación da expresión "Junta de Galicia" que, como informou Praza.gal, xa fora advertida por responsables destes centros.
Fálase
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, sinala os brotes de coronavirus do Segrià en Catalunya e o da Mariña como "os que máis preocupan" no seu departamento neste momento. Afirmouno nunha entrevista con Catalunya Ràdio
12X | Feijóo secunda a tese de que o Goberno de España adiou o confinamento polo coronavirus porque "lles interesaba que se enchesen as manifestacións do 8M", xornada na que defende que o virus "estaba circulando polas rúas". O candidato do PP á reelección afirmouno nun mitin en Ames do que informa eldiario.es
O Consello de Ministros acordou este martes a extensión ata o 30 de setembro das medidas de protección dos colectivos máis vulnerables, manténdose a moratoria hipotecaria, a prórroga dos contratos de alugueiro ou a prohibición de realizar cortes de auga e luz
Este martes 14.500 alumnos e alumnas comezaron en Galicia as probas da ABAU, que rematarán o xoves. Fixérono con medidas de seguridade para impedir posibles contaxios de coronavirus, especialmente en Viveiro, onde 300 estudantes realizaron os exames con medidas de prevención reforzadas por mor do brote que afecta á Mariña.
O ministro de Agricultura de Indonesia, criticado por expertos sanitarios por recomendar colares feitos con eucalipto como medida de prevención ante o coronavirus. Syahrul Yasin Limpo defende que levando o colar durante 30 minutos elimínase o 80% do virus. O remedio, ideado por unha axencia ministerial, será producido en masa polo Goberno, anunciou.
12X | A Xunta Electoral de Galicia resolve que "non lle corresponde pronunciarse sobre a suspensión das eleccións na Mariña Lucense" por mor do brote do coronavirus. "Mentres as actividades administrativas, económicas e sociais se desenvolvan con normalidade (...) non entende afectadas as condicións do proceso electoral, a salvo do que poida acordarse, se é o caso, polas autoridades sanitarias", indica en resposta a unha consulta formulada por Marea Galeguista. Consulta a resolución íntegra nesta ligazón e amplía información neste espazo.
A Audiencia Nacional aproba a extradición a México de Emilio Lozoya, o ex-director de Pemex que apadriñou os acordos da petroleira coa Xunta. Lozoya, acusado de diversos delitos vinculados á corrupción, foi detido en Andalucía o pasado febreiro e a pasada semana accedeu a ser entregado ás autoridades do seu país tras un pacto coa Fiscalía mexicana para colaborar nas pescudas. Entre os asuntos polos que é investigado figura a compra do estaleiro vigués Barreras.
O Goberno de Asturias pide ás áreas sanitarias lindeiras con Galicia "extremar a vixilancia" a causa do brote de coronavirus da Mariña para "frear unha posible transmisión comunitaria" por mor da "mobilidade coa zona confinada" de diversos concellos asturianos. A pasada semana un dos casos da Mariña, o dunha muller de Asturias que reside e traballa nun municipio mariñao, foi detectado polo servizo sanitario asturiano. Na imaxe, do Goberno de Asturias, o presidente do Principado, Adrián Barbón, co seu conselleiro de Saúde.
12X | Gonzalo Caballero anuncia a suspensión dos mitins de campaña do PSdeG en toda a provincia de Lugo polo brote de coronavirus na Mariña. O partido si continuará con "paseos e comparecencias" previos ao 12X. Na comarca mariñá xa suspenderon todos os actos electorais os propios socialistas, o BNG e Galicia en Común, mentres o PP sinala que indicou aos seus candidatos que extremen as medidas de hixiene para evitar contaxios.