A Audiencia Nacional aproba a extradición a México de Emilio Lozoya, o ex-director de Pemex que apadriñou os acordos da petroleira coa Xunta. Lozoya, acusado de diversos delitos vinculados á corrupción, foi detido en Andalucía o pasado febreiro e a pasada semana accedeu a ser entregado ás autoridades do seu país tras un pacto coa Fiscalía mexicana para colaborar nas pescudas. Entre os asuntos polos que é investigado figura a compra do estaleiro vigués Barreras.
