O Goberno central avanza a estratexia xurídica para recuperar o Pazo de Meirás ante o xuízo que comeza o vindeiro luns na Coruña. O avogado do Estado en Galicia, Javier Suárez, aclara que buscará demostrar que a compra do inmoble por Franco foi "simulada e fraudulenta" e que conta cun "documento clave que demostra que falseou o título co que inscribiu as Torres ao seu nome".
