O Sergas crea un comecocos para a rapazada, Escapa do virus, no que hai que recoller material sanitario e “manter as distancias con todas as persoas, xa que poden estar infectadas”.

O Sergas crea un comecocos para a rapazada, Escapa do virus, no que hai que recoller material sanitario e “manter as distancias con todas as persoas, xa que poden estar infectadas”.
Unha persoa "que traballa nun municipio da Mariña lucense", primeiro caso de coronavirus detectado en Asturias tras máis de dúas semanas sen diagnósticos no seu territorio. Así o acaba de confirmar o Goberno do Principado, que ratifica contactos co Sergas e indica que é os síntomas deste caso son leves. O Executivo asturiano vén destacando dende o comezo da pandemia na difusión de datos sobre a covid-19 e a súa evolución.
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego reducíronse en 6.428 persoas en Galicia durante o pasado mes de xuño e o total queda en 184.654 persoas, 29.405 máis que un ano antes. No mesmo mes, a afiliación á Seguridade Social incrementouse en 10.268 persoas, pero o total segue en 38.550 por baixo de hai doce meses a causa do coronavirus, quedando en 986.642. Ampliamos a información neste espazo
Un traballo sobre recubrimentos alimentarios dun equipo investigador do Campus de Lugo da USC convértese no artigo máis citado da principal revista do mundo no eido da Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos ‘Food Hydrocolloids’. GCiencia explica a importancia desta publicación de Patricia Cazón e Manuel Vázquez e a súa repercusión. (Na imaxe, da USC, a investigadora Patricia Cazón)
12X | Xa están dispoñibles no sitio web da CRTVG os debates electorais provinciais emitidos ás 10 desta mañá, durante o bos días. Nestas ligazóns pódense recuperar os debates da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, que a canle pública reporá a partir das 11 da noite de hoxe e mañá pola G2.
Hoxe reabre a fronteira con Portugal, pechada dende o inicio do confinamento polo coronavirus. Concellos de ambas beiras da raia veñen reclamando dende hai semanas a reapertura. Na imaxe, unha das protestas de responsables de concellos galegos e portugueses.
12X | A TVG emite esta mañá dende as 10:00 debates electorais provinciais coas cabezas de lista das forzas políticas por cada circunscrición. Estes debates, gravados durante o martes, serán repostos a partir das 11 da noite deste mércores e xoves na G2. Estes debates son tamén a sete bandas, como o de líderes do luns, e duran 60 minutos.
A Deputación de Lugo solicita a nacionalización de Alcoa ao aprobar o pleno unha moción impulsada polo BNG. O Goberno central esixe á multinacional que devolva máis de 800 millóns en axudas de non garantir o emprego en San Cibrao.
O Goberno portugués disponse a nacionalizar a aeroliña TAP por mor da crise do coronavirus: "Estamos preparados para intervir e salvar a empresa", advirte o Executivo de António Costa. A privatización definitiva da TAP fora un dos acordos do anterior goberno de Portugal coa troika no marco do rescate. O xornal Público percorreu nesta cronoloxía a traxectoria da empresa entre a propiedade pública e a privada.
Vítimas de Angrois concéntranse ante Enagas en protesta pola “porta xiratoria da vergoña” do nomeamento de José Blanco como conselleiro da empresa pública. O ex-ministro socialista desvinculouse de calquera decisión sobre a seguridade na liña do accidente pero os afectados atribúenlle responsabilidades políticas.