A Deputación de Lugo solicita a nacionalización de Alcoa ao aprobar o pleno unha moción impulsada polo BNG. O Goberno central esixe á multinacional que devolva máis de 800 millóns en axudas de non garantir o emprego en San Cibrao.

A Deputación de Lugo solicita a nacionalización de Alcoa ao aprobar o pleno unha moción impulsada polo BNG. O Goberno central esixe á multinacional que devolva máis de 800 millóns en axudas de non garantir o emprego en San Cibrao.
O Goberno portugués disponse a nacionalizar a aeroliña TAP por mor da crise do coronavirus: "Estamos preparados para intervir e salvar a empresa", advirte o Executivo de António Costa. A privatización definitiva da TAP fora un dos acordos do anterior goberno de Portugal coa troika no marco do rescate. O xornal Público percorreu nesta cronoloxía a traxectoria da empresa entre a propiedade pública e a privada.
Vítimas de Angrois concéntranse ante Enagas en protesta pola “porta xiratoria da vergoña” do nomeamento de José Blanco como conselleiro da empresa pública. O ex-ministro socialista desvinculouse de calquera decisión sobre a seguridade na liña do accidente pero os afectados atribúenlle responsabilidades políticas.
O concurso para dicir adeus ao teléfono como medida de seguridade para evitar choques de trens na liña de Feve volve adiarse. Segundo publica no BOE, Adif non comezará a avaliar ata dentro dun mes as ofertas presentadas a un procedemento lanzado hai oito meses polo Goberno central.
A Xunta permite que as concesionarias de bus con liñas entre provincias deixen sen prestar o 20% dos servizos a partir do 1 de xullo. O resto de liñas deberán volver ao 100% dos servizos existentes antes do coronavirus, segundo publica este martes no DOG. O pasado venres o Goberno galego prorrogou ás concesionarias diversos prazos para mellorar os seus servizos ao tempo que a conselleira, no primeiro día de campaña electoral, publicitou bus gratis para a mocidade.
O debate de líderes emitido na loite deste luns pola Galega tivo un 15.8% de audiencia, con 127.000 espectadores e espectadoras de media e foi visto nalgún momento da súa emisión por un total de 367.000 persoas. O programa posterior ao debate foi seguido por 47.000 persoas, un 10% de share.
12X | Praza.gal acompaña o debate electoral da CRTVG na súa conta de Twitter con gráficos, datos e ligazóns de contexto sobre os temas que aborden os sete representantes das forzas políticas. Podes ler aquí o máis destacado do debate.
12X | O Colexio de Xornalistas reclama que fotoxornalistas doutros medios poidan fotografar os candidatos e candidatas no debate electoral desta noite na CRTVG. É posible que ese acceso se produza respectando as normas para evitar contaxios do coronavirus, subliñan.
A Xunta anuncia no DOG que este luns publicará as listaxes provisionais de admisións e as listas de espera nas escolas infantís públicas dependentes tanto da Axencia [nesta ligazón] como do Consorcio de servizos sociais [nestoutra]. As reclamacións pódense formular nos próximos cinco días. O Goberno galego decidiu que as escolas infantís tanto públicas como privadas non reabran ata setembro malia que moitas tamén o facían mesmo en agosto.
Verdes e socialistas triunfan na segunda volta das eleccións municipais francesas, marcadas polo coronavirus e polo fracaso electoral do partido do presidente da República, Emmanuel Macron. A esquerda conserva alcaldías clave a comezar por París coa plataforma liderada pola alcaldesa Anne Hidalgo, aínda que a extrema dereita logra un simbólico triunfo en Perpignan.