12X | Gonzalo Caballero (PSdeG), Ana Pontón (BNG) e Antón Gómez-Reino (Galicia en Común) volven compartir debate este venres. Ao encontro, organizado pola Cadena SER, non acudirá Feijóo, senón que o PP estará representado polo seu voceiro parlamentario, Pedro Puy. O líder dos populares tamén fora substituído por Puy hai catro anos no debate organizado por este mesmo medio de comunicación.
