O Goberno de Asturias pide ás áreas sanitarias lindeiras con Galicia "extremar a vixilancia" a causa do brote de coronavirus da Mariña para "frear unha posible transmisión comunitaria" por mor da "mobilidade coa zona confinada" de diversos concellos asturianos. A pasada semana un dos casos da Mariña, o dunha muller de Asturias que reside e traballa nun municipio mariñao, foi detectado polo servizo sanitario asturiano. Na imaxe, do Goberno de Asturias, o presidente do Principado, Adrián Barbón, co seu conselleiro de Saúde.
