Sanidade pecha os accesos á Mariña para evitar a expansión do brote de coronavirus, que xa afecta a máis de 100 persoas. A medida entrará en vigor na medianoite deste domingo e aplicarase, cando menos, durante cinco días. Ademais, a capacidade de comercios e outros espazos volverá ser limitada
