12X | Un total de 63.266 persoas xa remitiron o seu voto por correo para as eleccións galegas, segundo datos de Correos. Este dato provisional implica un incremento superior aos 20.000 sufraxios con relación aos comicios de hai catro anos, cando chegaran algo máis de 40.000 votos. 76.907 persoas solicitaron votar por esta vía. O prazo para remitir o voto remata mañá, venres, ás dúas da tarde.
