Julio Abalde seguirá a ser o reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Fernando Martínez Abella nas eleccións celebradas este mércores na UDC. Consulta aquí toda a información sobre os resultados
![](https://praza.gal/media/cache/resolve/live_image/ek9l5flwkaemosv-20ccb45.jpeg)
Julio Abalde seguirá a ser o reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Fernando Martínez Abella nas eleccións celebradas este mércores na UDC. Consulta aquí toda a información sobre os resultados
O Concello da Coruña anula a cesión dun espazo municipal para a celebración dun "coloquio sobre homeopatía" este xoves. Nun comunicado, o goberno local sinala que o permitira "ao entender que se trataba dun debate sobre a pseudociencia coa participación de profesionais colexiados" da saúde, pero ao comprobar que se trata "da presentación dunha asociación a prol da pseudociencia", decidiu "anulalo"
A zoqueira Elena Ferro leva un dos Premios Nacionais de Artesanía que outorga o Ministerio de Industria como recoñecemento ao conxunto da súa obra. Neste certame tamén foi distinguida a tamén galega Paula Ojea pola súa colección de cerámica Cut&Fold, que levou o premio ao mellor produto. (Imaxe: Ministerio de Industria)
O PP anuncia que recorrerá ante o Constitucional as promesas dos membros do Congreso que, xunto ao acatamento, agregaron outras palabras sobre Catalunya, Euskadi ou Galicia, caso do deputado do BNG, Néstor Rego. O propio Constitucional xa avalou en 1990 (sentenza íntegra nesta ligazón) a posibilidade de agregar outras expresións alén do "formalismo ríxido" en aras de dereitos como a "liberdade ideolóxica".
PSOE e ERC aceleran nas negociacións para a investidura deseñando unha mesa de diálogo entre os gobernos español e catalán.
Denunciado por maltrato animal o cazador que maltratou e disparou a unha cadela en Chantada ata matala.
A socialista Meritxell Batet, reelixida presidenta do Congreso dos Deputados en segunda votación con 166 votos a prol. O BNG optou pola abstención e na primeira votación, Rego introduciu unha papeleta na que escribiu "sempre por Galiza". A sesión constitutiva da Cámara Baixa na XIV lexislatura estatal, ao vivo nesta ligazón. No Senado, a tamén socialista Pilar Llop foi elixida nova presidenta, igualmente en segunda votación con 130 apoios. Consulta aquí a información da sesión
Vén de abrirse o prazo para enviar propostas para a escolla da Palabra do Ano 2019. A iniciativa do Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié escolleu nos últimos anos deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
O paro rexistrado nas oficinas de emprego aumentou en 1.352 persoas en Galicia no pasado mes de novembro, ata 165.659. Son 4.710 menos que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social reduciuse en 3.860 persoas e o total queda en 1,02 millóns, 13.719 por riba das de novembro de 2018. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Ana Pontón rexistra os seus avais para ser reelixida candidata do BNG á presidencia da Xunta. A portavoz nacional do Bloque presentou 1.252 avais, o que supón "multiplicar por seis os necesarios" segundo a normativa interna da formación, destacan. O proceso conclúe a finais de xaneiro.