Denunciado por maltrato animal o cazador que maltratou e disparou a unha cadela en Chantada ata matala.
Fálase
A socialista Meritxell Batet, reelixida presidenta do Congreso dos Deputados en segunda votación con 166 votos a prol. O BNG optou pola abstención e na primeira votación, Rego introduciu unha papeleta na que escribiu "sempre por Galiza". A sesión constitutiva da Cámara Baixa na XIV lexislatura estatal, ao vivo nesta ligazón. No Senado, a tamén socialista Pilar Llop foi elixida nova presidenta, igualmente en segunda votación con 130 apoios. Consulta aquí a información da sesión
Vén de abrirse o prazo para enviar propostas para a escolla da Palabra do Ano 2019. A iniciativa do Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié escolleu nos últimos anos deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).
O paro rexistrado nas oficinas de emprego aumentou en 1.352 persoas en Galicia no pasado mes de novembro, ata 165.659. Son 4.710 menos que hai un ano. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social reduciuse en 3.860 persoas e o total queda en 1,02 millóns, 13.719 por riba das de novembro de 2018. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Ana Pontón rexistra os seus avais para ser reelixida candidata do BNG á presidencia da Xunta. A portavoz nacional do Bloque presentou 1.252 avais, o que supón "multiplicar por seis os necesarios" segundo a normativa interna da formación, destacan. O proceso conclúe a finais de xaneiro.
Persoal e cidadanía do Hospital Comarcal de Verín inician un peche no centro en protesta polo peche do paridoiro e á espera de ser recibidos polo conselleiro de Sanidade.
'O que arde' acada catro nominacións aos Premios Goya, entre elas mellor película, mellor director (Oliver Laxe) e mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez). Os profesionais galegos optan ademais a outros galardóns, coma o premio á mellor interpretación masculina (Luís Tosar) ou o premio ao mellor actor revelación (Santi Prego). Toda a información das candidaturas galegas aos galardóns, neste espazo
Comeza na Audiencia Nacional o xuízo contra a antiga cúpula de Pescanova, encabezada por Manuel Fernández de Sousa, pola quebra da empresa. A Fiscalía pide para o empresario ata 28 anos de cadea.
“Normalidade” no segundo día de transvasamento do combustible do ‘Blue Star’ a terra, segundo a Delegación do Goberno central. A operación, que comezou este sábado, unha semana despois de encallar o buque na costa de Ares, depende das condicións de luz e climatoloxía.
O xulgado reabre a investigación pola morte hai 17 anos da moza viguesa Deborah Fernández. Chama a declarar a sete testemuñas propostas pola familia para intentar aclarar o falecemento e posterior aparición do corpo da moza no Rosal, no que os investigadores cualificaron como unha escena montada con probas falsas.