O PP atribúe a un "erro" utilizar o topónimo "Galiza" nunha emenda formulada onte na Comisión de Pesca do Parlamento a unha iniciativa do BNG. "Por erro, respectamos o texto orixinal", di a deputada Teresa Egerique, autora da emenda, quen agrega que "o PP empregou, emprega e empregará Galicia". O debate culminou nun acordo unánime para reclamar do Goberno de España a transferencia dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Vigo e na Coruña. A forma Galiza é recoñecida nas vixentes normas ortográficas e morfolóxicas da RAG como "lexitimamente galega" para referirse ao país, con independencia de que Galicia sexa a denominación oficial e "maioritaria na expresión oral e escrita"
