O temporal trae consigo as primeiras nevaradas de decembro en Galicia. Nas primeiras horas deste 4 de decembro neva con intensidade en diversos concellos das provincias de Ourense e Lugo. Na imaxe, a neve na Muralla de Lugo (© Concello de Lugo).
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/eoylpttwmamcins-02b9673.jpeg)
O temporal trae consigo as primeiras nevaradas de decembro en Galicia. Nas primeiras horas deste 4 de decembro neva con intensidade en diversos concellos das provincias de Ourense e Lugo. Na imaxe, a neve na Muralla de Lugo (© Concello de Lugo).
Unidas Podemos, BNG, Compromís, PNV, EH Bildu, JxCat, PDCAT, ERC, CUP e Más Madrid presentan no Congreso unha Proposición non de lei que pide que todas as linguas do Estado teñan os mesmos dereitos cos que hoxe conta o castelán. Entre as medidas que se solicitan está o deber de coñecemento por parte do funcionariado das linguas oficiais no territorio no que traballe ou estender o seu uso na xustiza e na administración. A proposta partiu dunha iniciativa impulsada nos últimos meses por varias entidades sociais polas linguas, entre elas A Mesa, que recibe "con esperanza" a PNL.
O Consello da Xunta aproba a Oferta Pública de Emprego de 2020, que suma 2.567 prazas de acceso libre en diferentes especialidades. Consulta o detalle das prazas aprobadas nesta ligazón.
Caballero inaugura as ramplas automáticas da Gran Vía de Vigo e di que sitúan á cidade “na modernidade”. O impacto visual dos seus teitos e o corte de árbores da rúa foron criticados por diversos colectivos. Este mércores a cidade tamén acendeu as luces de Nadal.
Rube é Pabbar, primeiros lobos mariños rescatados nas costas galegas dunha tempada que comezou con adianto. Xa se recuperan das súas feridas en Nigrán, nas instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).
O pleno do Congreso aproba os Orzamentos Xerais do Estado para 2021. As primeiras contas do Executivo do PSOE e UP avanzan con 188 e 187 votos a prol -a cifra variou nalgunhas votacións-, unha maioría máis ampla que a lograda o pasado xaneiro na investidura de Pedro Sánchez (167), e 153 en contra. O proxecto orzamentario continúa agora trámite no Senado. Entre os grupos con representación polas circuscricións galegas, PSOE (10) e Galicia en Común (2) votaron a prol; o PP (10) e o BNG (1) fixérono en contra. (Imaxe © PSOE)
As comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade aproban o documento de normas e recomendacións para a prevención da Covid-19 durante as celebracións de Nadal. Establécese un límite máximo de 10 persoas (nenos e nenas incluídos) nos encontros familiares dos días 24, 25 e 31, recomendándose que pertenzan a unha única unidade de convivencia "ou a dúas, como máximo". O toque de queda en Noiteboa e Noitevella amplíase á unha e media da madrugada. Establecerase un peche perimetral de ámbito autonómico entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, pero permitiranse os movementos para visitar a familiares. Nunha primeira reacción, a Xunta amósase conforme co plan e destaca que inclúe algunhas das súas propostas.
Un home asasina á súa parella en Gondomar. Segundo recollen a CRTVG e Faro de Vigo, o agresor tentouse suicidar tras o crime e na zona está a intervir a Garda Civil. (Imaxe: CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo)
Os Franco, dispostos a que os bens queden no Pazo de Meirás por un "prezo razoable". A familia do ditador advírteo na vista sobre as medidas cautelares de inventariado dos bens e a prohibición de trasladalos ata que o decida a xuíza.
A Xunta restrinxe a mobilidade con Portugal do 4 ao 9 de decembro por mor da incidencia da COVID-19 no país veciño. Así o vén de avanzar o presidente da Xunta, no marco da explicación das medidas de "desescalada", incluíndo a hostalería. As mudanzas entran en vigor ás cero horas do venres, día 4.