As comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade aproban o documento de normas e recomendacións para a prevención da Covid-19 durante as celebracións de Nadal. Establécese un límite máximo de 10 persoas (nenos e nenas incluídos) nos encontros familiares dos días 24, 25 e 31, recomendándose que pertenzan a unha única unidade de convivencia "ou a dúas, como máximo". O toque de queda en Noiteboa e Noitevella amplíase á unha e media da madrugada. Establecerase un peche perimetral de ámbito autonómico entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, pero permitiranse os movementos para visitar a familiares. Nunha primeira reacción, a Xunta amósase conforme co plan e destaca que inclúe algunhas das súas propostas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/illa-99a3d6f.jpeg)