As restricións ante a COVID reláxanse en Santiago de Compostela, Ames, Teo, Ourense, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, A Estrada e Ares. Nestes oito concellos estarán permitidas dende este xoves as reunións de persoas non conviventes e desaparecen os peches perimetrais. En cambio, a Xunta endurece as medidas na Guarda e As Pontes, ante o empeoramento da súa situación epidemiolóxica. Estas dúas localidades pasan a estar no nivel 3 de restricións, con peches perimetrais e prohibición de reunións sociais. Este mércores a Xunta detalla as mudanzas para o eido da hostalería.
