Verín volverá mobilizarse este luns, un ano despois da gran marcha contra o peche do paridoiro, para pedir a retirada do expediente ao xinecólogo do hospital comarcal.

Verín volverá mobilizarse este luns, un ano despois da gran marcha contra o peche do paridoiro, para pedir a retirada do expediente ao xinecólogo do hospital comarcal.
Marilar Aleixandre gaña o Premio Blanco Amor de novela longa coa obra As malas mulleres. O certame organizado pola Deputación de Ourense, na súa 39ª edición, elixe por unanimidade a obra da académica numeraria da RAG de entre 32 orixinais presentados.
A Deputación de Ourense pide á Xunta o arquivo "inmediato" do expediente aberto ao xefe de Xinecoloxía de Verín, un dos rostros visibles na loita contra o peche do paridoiro. O pleno amosa por unanimidade o seu "apoio" ao doutor, que considera a acción disciplinaria aberta "unha vinganza".
A Xunta levanta os peches perimetrais pola COVID en Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao das Viñas e impón as máximas restricións, incluíndo confinamento perimetral, peche da hostalería e veto ás reunións de non conviventes en Cee, Dumbría e Muxía e maias en Ribadumia, Meis e Meaño. Máis información, este mediodía en Praza.gal
Dimite Díaz Barreiros, presidente da patronal galega, logo de dous días no cargo e tras xurdir "dúbidas manifestas" entre os asociados que poñen en dúbida a súa elección do pasado martes, logo da retirada do outro aspirante, Pedro Rey. O xa ex-máximo dirixente anunciou nun comunicado a súa decisión.
A Xunta promete a unha plataforma do ensino concertado que vai "reducir ao mínimo posible" a aplicación en Galicia da nova lei educativa. Así o afirmou a delegada do Goberno galego en Vigo, Marta Fernández-Tapias, na liña do expresado nos últimos días polo propio Feijóo.
Feijóo destitúe o responsable desde hai dúas décadas da loita contra os incendios forestais, Tomás Fernández-Couto. Ao longo da súa traxectoria o alto cargo máis veterano da Xunta defendeu o eucalipto e gastar máis no lume que en ordenar o monte, e viu como a xustiza e o Consello de Contas censuraron actuacións súas. AMPLIAMOS aquí a información.
Coincidindo co 25N Uxía Senlle difunde o vídeo da canción "As que rubimos montañas", con letra de María Reimóndez, un tema publicado orixinalmente en 2012 coa colaboración de Guadi Galego no CD "Activ_arte" (2012) da ONG Implicadas no Desenvolvemento
Medios arxentinos informan da morte de Diego Armando Maradona. O mítico ex-futbolista e adestrador sufriu un paro cardiorrespiratorio logo da operación á que foi sometido na cabeza hai uns días.
A Audiencia Nacional condena agora á trama Gürtel pola visita do Papa a València en 2006 e dita outros 15 anos de cadea para Pablo Crespo, ex-secretario de Organización do PP galego. Hai un mes o Tribunal Supremo ratificou a primeira sentenza da Audiencia Nacional sobre a trama na que condenou o PP por beneficiarse da súa corrupción e deixou en 36 anos a condena por ese caso a Crespo, que xa tiña outra anterior do Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana doutros 13 anos tamén confirmada polo Supremo.