A Audiencia Nacional condena agora á trama Gürtel pola visita do Papa a València en 2006 e dita outros 15 anos de cadea para Pablo Crespo, ex-secretario de Organización do PP galego. Hai un mes o Tribunal Supremo ratificou a primeira sentenza da Audiencia Nacional sobre a trama na que condenou o PP por beneficiarse da súa corrupción e deixou en 36 anos a condena por ese caso a Crespo, que xa tiña outra anterior do Tribunal Superior de Xustiza da Comunitat Valenciana doutros 13 anos tamén confirmada polo Supremo.
