O Colectivo Nós organiza na noite deste xoves un coloquio sobre a selección galega de fútbol coa presenza de Fernando Vázquez, Sergio Álvarez, Verónica Boquete e Xurxo Souto. Pódese seguir en directo a partir das 21 horas nesta ligazón.
Fálase
O Congreso aproba por 177 votos a prol, 148 en contra e 17 abstencións a nova lei educativa impulsada pola ministra Isabel Celaá. Entre outras cuestións, a norma impedirá á Xunta renovar os concertos con colexios que segregan por sexo, agora vixentes ata 2023. Tamén garante o dereito a "recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais". A norma continúa agora o seu trámite no Senado.
José Manuel Baltar destitúe como vicepresidente da Deputación de Ourense ao líder dos 'rebeldes' de Democracia Ourensana, Miguel Caride, tras a súa expulsión do partido de Gonzalo Pérez Jácome tras dous meses no cargo. Faino despois de que un informe da secretaría xeral da Deputación evidenciase que este nomeamento contradí a recente sentenza do Tribunal Supremo que impide que os tránsfugas non poden asumir cargos que melloren o seu rango político ou económico. Na imaxe, divulgada pola Deputación, Caride e Baltar.
O BOE publica a redución do prezo máximo de venda ao público das máscaras cirúrxicas desbotables. Tras a aplicación da baixada do IVE, este importe máximo queda en 62 céntimos IVE incluído, fronte aos 96 céntimos da anterior limitación
Suicídase Rosario Porto no cárcere de Ávila onde cumpría a condena imposta polo asasinato da súa filla, Asunta Basterra. Porto fora trasladada a este centro penitenciario dende o de Teixeiro (Curtis). O documental 'Operación Nenúfar', da galega Bambú Producciones, abordara en profundidade este caso e a súa investigación, tras a que tamén foi condenado o pai da nena, Alfonso Basterra. (Imaxe: Google Street View)
A Xunta activa as primeiras axudas directas para os autónomos da pandemia e publica no DOG a orde que regula o Programa de rescate. Desde hoxe, aquelas persoas que tiveron que pechar o negocio ou reduciron nun 75% os seus ingresos poderán solicitar axudas que van dos 1.200 aos 2.000 euros, financiadas a través do Fondo Social Europeo.
A Xunta incorpora Sanxenxo ao grupo de concellos con maiores restricións. A localidade, na que dende a semana pasada a Consellería de Sanidade estudaba incrementar os controis, terá dende este venres un confinamento perimetral xunto co Grove. Ademais, estarán prohibidas as reunións de persoas non convivintes e terá que pechar a hostalaría, entre outras medidas.
A Xunta mantén que está a traballar nun "modelo perfeccionado" de residencias de maiores e rexeita a "intervención sumarísima do 100%" dos centros porque a maioría, sinala a conselleira de Política Social, Fabiola García, "están libres de COVID". Recólleo a TVG
Detectado un brote de coronavirus na base medicalizada do 061 en Foz, con seis persoas afectadas. Persoal das ambulancias pediu tests e máis seguridade contra a COVID ante o "abandono" do Sergas.
O sector galego da hostalería vólvese mobilizar para reclamar un "plan de rescate" que compense os efectos dos peches obrigados pola pandemia. Nunha manifestación polas rúas de Santiago que estas asociacións empresariais consideran "histórica", os hostaleiros esixiron "unha solución global que nos permita traballar cuns criterios claros" e axudas "para as persoas e negocios que desde o criterio sanitario non teñan condicións de poder desenvolver a súa actividade". (Foto: Hostalería Compostela)